Facebook Twitter Google +1     Admin

San Martiño Pinario

20111212040507-6087777555-267232c62d-b.jpg

A fachada principal do mosteiro de San Martiño Pinario é unha obra de arte do século XVIII.

Aínda sendo profano no coñecemento artístico, ún non deixa de admirarse diante dese lenzo espectacular, tan chamativo, cos elementos propios da última gran revolución estética na historia da arte : o barroco.

Catro columnas dóricas protexen a porta principal do convento, coa estatua de San Bieito e a balconada da estancia do prior.

Enriba, os elegantes pináculos que adornan toda a cornisa ( case cen metros ! )

complementan un monumental grupo escultórico : o escudo español, e san Martiño compartindo a súa capa, cun pobre.

A beleza  do conxunto reside na total  harmonia dos diferentes elementos presentes na fachada  e  a enorme  extensión  adicada os xardíns...

Unha  espaciosa escaleira - con balaustres e pasamáns delicadamente tallados -, é o remate duns parterres ( un a cada man ) amplos , exquisitos, preciosos..

- fixádevos na elegancia da granito tallado en forma de esfera, pináculo, pirámide...que se inserta, discretamente no peche de todo o  contorno. Unha marabilla ! -

.......

Foi  no 1738  - hai 273 anos !! - cando remataron as obras, ( dos mellores arquitectos da época : frei Gabriel de Casas, frei Manuel de los Mártires , Fernando de Casas Novoa )

....

E agora van, e plantan un busto do beato Xoán Paulo  II ...!!!

- sen trámites, pero con publicidade e fachenda....! -

O beato Ioannes Paulus II ten unha rúa...se o Concello o quere seguir agasallando, que poña alí a estatua..!

.......

Non é lóxico. Nin xusto. Nin demócrata, - nun estado laico -.

Hai que falar. Debater. Consensuar. Gobernar para todos...

No século XXI , non podemos retroceder tanto !

( ou sí ? )

......

Decembro 2011

12/12/2011 04:06 Antón da Sobreira Enlace permanente. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.



Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras

Contrato Coloriuris