Antón da Sobreira
Doutor Casares
Fascinado pola impresionante traxectoria vital do doutor Casares ( pra empezar  : cantas persoas poden nacer  e morrer no mesmo dia...con 76 anos de diferencia ! ? ),comparto con  vos a homenaxe que lle rendeu a Real Academia Galega de Ciencias , conmemorando o V día do científico galego.
Lémbrovos que , en anos anteriores, os homenaxeados foron :
Enrique Vidal Abascal  (2008 )
Isidro Parga Pondal (2009)
Cruz Gallastégui Unamuno ( 2010 )
Ramón María Aller Ulloa (2011 )
Como sei da preguiza que a todos nos invade nestes tempos, para pescudar e disfrutar de xoias ocultas, vai a biografia ( copiar- pegar) do egrexio Antonio Casares Rodríguez, que naceu, tal día coma hoxe, 28 de abril, hai douscentos anos....! e morreu, tal día coma hoxe, hai cento vintecatro anos....!
Á marxe destas titulacións principais, tamén cursou estudos de Mineraloxía no Museo de Ciencias Naturais de Madrid.
Con só 24 anos gañou por oposición a primeira Cátedra de Química Aplicada ás Artes da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Posteriormente, convertiríase no primeiro catedrático de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cargo que ocupou dende1845 ata o seu falecemento
Tamén ocupou interinamente outras cátedras, como a de Química Inorgánica e a de Historia Natural dende a que impulsou o Gabinete de Historia Natural, que co tempo se convertiría no Museo de Historia Natural da Universidade.
O seu primeiro cargo administrativo na USC chegou en 1846, co nomeamento como decano da Facultade de Filosofía (que daquela abranguía as disciplinas de Letras e Ciencias). En 1857 asume o decanato da recén creada Facultade de Farmacia e dous anos despois converteuse no primeiro decano da Facultade de Ciencias (Química), tras a separación da Facultade de Filosofía nas de Letras e Ciencias. En 1872 foi
nomeado reitor da USC, cargo que exerceu ata o seu falecemento, o 28 de Abril de 1888.
A súa extraordinaria formación e capacidade de traballo permitíronlle acadar importantes logros en diferentes ámbitos do coñecemento. Foi un dos creadores da análise química e un dos iniciadores da técnica da espectrocopía en España. A el débense os primeiros estudos en profundidade sobre as fontes de augas medicinais e os viños galegos. No primeiro caso, os seus traballos de análise de metais en augas levárono a realizar as súas primeiras investigacións en Caldas de Reis e Cuntis, ás que logo seguiron
outras en Arteixo, Carballo, Mondariz, A Toxa, Sousa, etc. O seu prestixio nesta área era tan grande que os seus servizos foron requeridos por toda España, dende Gran Canaria ata Zamora. O seu traballo sobre o descubrimento dos metais Rubidio e Cesio en augas minerais foi un fito importante na ciencia española. Casares foi quen de orientar o seu traballo científico ao estudo de temas de interese práctico para a industria e a agricultura e en xeral para a sociedade galega, un aspecto novidoso no seu tempo.
No ano 1847, tan só unhas semanas despois das primeiras experiencias mundiais en Massachussets (EE.UU.) e Edimburgo (Reino Unido), sintetizou cloroformo e éter cos que se realizaron as primeiras intervencións cirúrxicas con anestesia en España. Tamén realizou investigacións no ámbito da Mineraloxía, ata o punto de que no curso dos seus traballos de campo en Cabo Ortegal (A Coruña) logrou descubrir dous novos minerais: a morenosita e a zaratita (aínda que esta última non se admite na actualidade como especie mineral propiamente dita). Ademais, foi un dos tres especialistas que, a petición do cardeal Miguel Payá Rico, ditaminaron sobre se os restos descubertos na Catedral de Santiago en 1879 correspondían ao Apóstolo e a dous dos seus discípulos. As súas aportacións quedan recollidas nos numerosos traballos científicos que publicou en revistas nacionais e internacionais.
O seu carácter emprendedor levouno, no ano 1851, a acender no claustro do edificio da Universidade de Santiago -hoxe Facultade de Xeografía e Historia- a primeira luz eléctrica con arco voltaico , que funcionou en España.
No campo docente acadou un elevado recoñecemento, destacando polo carácter práctico da súa metodoloxía, que incluía sistematicamente observacións, experimentos e saídas ao campo. A súa preocupación por que os seus alumnos dispuxesen de manuais, xunto cun amplo dominio de idiomas, levárono a traducir varios textos do francés e do alemán. Posteriormente escribiu os seus propios libros. A primeira publicación foi o "Tratado de Química", en 1848, que tras varias edicións titularíase "Manual de Química general con aplicaciones a la industria y en especial a la agricultura". Este texto foi utilizado de xeito oficial nas universidades de España durante case corenta anos. Logo viron a luz "Programa de Química General" e "Tratado práctico de análisis químico de las aguas minerales y potables".
Fonte :      Real Academia  Galega de Ciencias
República, República...
Inspirado na Institución Libre de Ensinanza ( ILE ), o Ministerio de Instrucción Pública creou , mediante decreto do 29 de maio de 1931, o Padroado das Misións Pedagóxicas.
Pensade (I) : A segunda República chegou a España tal día coma hoxe, 14 de abril, do 1931.
Hai 81 anos....!
A grandeza dos seus ideais tomou xeito 45 dias despois ( nada, un lóstrego...aínda estaban aterrando nas institucións...)
pero tiñan moi claro cales eran as eivas desta pel de touro ( basicamente rural) : analfabetismo, educación, coñecementos, cultura...
Os republicanos, xente honesta , desinteresada, e preocupada polo país , artellaron  unha grande actividade pedagóxica, baseada en tres obxectivos :
b) Visitas ás escolas . Organizaban nas escolas, visitas que duraban unha semana, e nas que trasnmitían as orientacións pedagóxicas aos mestres -sempre baseadas na pedagoxía lúdica, nas leituras pracenteiras, nos espectáculos de teatro ( monicreques )
c) Educación cidadá, con reunións nas que se afirmaban os principios democráticos- explicandolle a xente ,paseniñamente,o que era o Estado, como estaba formado, como se podia participar....
Pensade (II) :
- Entre 1931 e 1934, crearon 5.000 ( cinco mil !!) bibliotecas en toda España.
( 485 en Galicia )
Houbo 	servizos de Música e Gramófonos que se deixaban nos pobos
Películas, 	tan fascinantes, que ateigaban as prazas das aldeas máis remotas
O 	Museo do Pobo : As grandes obras pictóricas do Prado, copiadas 	fielmente, chegaban ata as parroquias máis recónditas...( e con 	explicacións sinxelas de cada obra )
Centos 	de mestres, poetas, escritores , intelectuales, implicáronse , 	entusiasmados , nunha laboura perfectamente organizada, que rendía 	contas cada ano..
( 	que seriedade ...! )
En fin, neste 14 de abril de 2012, qué menos, que reflexionar no que poido ser....
( e non foi )
SAÚDE E REPÚBLICA !
14 de abril 2012
In memoriam
( Philip K. Dick. ¿Soñan os androides con ovellas eléctricas ?.1968 )
NÉMESIS DIVINA
Á FRAGA do Eume, Linneo teríalle pendurado
o mesmo aviso que leu nun xardín de Hamburgo :
de ningún, como o eco que che devolve
César A.Molina. Eume. Colecc. Dombate . Poesía. Galaxia .Vigo. 2007
In memoriam, pola miña Fraga, no domingo de ramos do 2012
Rosalía
O           venres 24 de febreiro, polo serán, lembrei a Rosalía.
( E sentínme afortunado !)
Convocados pola asociación de            veciños Doutor Maceira de Conxo , e pola         Plataforma           en Defensa do Sar, ducias de composteláns, estudiantes e           curiosos , lembramos, na Praza de Vigo, os 175 anos que           cumpriría a nosa poetisa inmortal.
Foi moi entrañable.
Marilar Aleixandre e               Anxo Angueira
puxeron sentimento e           paixón, recitando versos míticos da nosa galega egrexia...
E pra rematar, plantamos pensamentos ( viola tricolor ), unha das favoritas de Rosalía, e           un carballo ( quercus             robur ), para lembrar           ese cumpreanos.
Astucia
A min gustoume moito o artigo de Javier Marías titulado "la esfinge asiria".
Era lóxico sendo, como son, un "devoto" das súas reflexións semanais.
Supoño que agora non teño que explicar as virtudes literarias de Marías, pois de todos son coñecidas.
Recordarei, por se acaso, que a brillantez  da súa prosa é debida -ao meu parecer - a dúas cualidades fundamentais :
- Xeito propio de escribir -estilo- orixinal ( atractivo na lectura ).
Estilo directo, redacción en primeira persoa, vocabulario rico e variado. Frases longas con oracións subordinadas explicativas que despertan a nosa  intriga  e  interés.
- Compromiso e denuncia das lacras, eivas, carencias, males...da sociedade actual ( e do pais no que vive : España ).
Xa son lexendarios os seus enfrontamentos coa Igrexa Católica polas procesións de Semana Santa, co Axuntamento de Madrid polas obras, ruidos, horarios...coas feministas, cos colegas, coa Real Academia  - da que forma parte desde 2006, ocupando o sillón R -
Así que neste artigo locen -coma sempre-  con maestría e destreza , as súas extraordinarias  cualidades literarias ( e polemistas- para os que se sintan aludidos-)
Dun xeito hipnótico, envolvente e convincente - a maxia da súa escritura ! -cóntanos a súa impresión do novo presidente do goberno de España: Mariano Rajoy...
e a cousa é deprimente !
Javier Marías explícanos que a astucia clásica das persoas sin ideas, consiste en facerse a a esfinxe ; permanecer calados mentras os demais parlotean ; mostrarse enigmáticos e inescrutables, para que os demáis estean a expectativa e pendentes dos seus escasos pronunciamentos.....
Razoa tan ben
(" y con ello no insinúo en modo alguno que la política de Rajoy vaya a tener nada que ver con la de un dictador ")
que  equipara esa vacuidade, esa febleza, esa ausencia de explicacións, esa frialdade ...coa actitude idéntica, doutro galego -casualmente-, esto é cousa miña : Marías non fai alusión a orixe-...
o xeneral Franco...
Sinceramente, o artigo non ten desperdicio , ( mesmo  hai unha mordacidade ,de pasada, sobre a futura  secretaria xeral dos socialistas Carme Chacón , "cuya mayor capacidad de expresión son sus pucheros " )
-E que ninguén se alporice : non é insulto ou denigración :  -"hacer pucheros es el gesto de la cara que precede al llanto" , segundo o diccionario -
( hai que ler no contexto , e sen prexuizos )
A miña opinión persoal
( como nos recomendaban naquelas lonxanas clases de  Lingua e Literatura, tan valiosas...!)
é , como supoñedes, de difundir e darlle pulo a un dos intelectuales máis valiosos e comprometidos do noso tempo.
Síntome confortado  de ter a alguén que escriba, fermosamente, o que eu penso e sinto sobre temas, cousas, políticos e gobernantes...
( Alguén tiña que dicilo : "Todo se amortigua cuando gana el PP. Los que pierden frente a ellos tienen mejor perder, es innegable.")
Nos ( os que temos certas inquedanzas sociais - con perdón - ) debatimos, falamos, criticamos, dudamos nas votacións, castigamos mentiras ou incumprimentos...
e necesitamos saber que non estamos solos , que somos moitos....
Lendo a Javier Marías, cada domingo, o camiño vital é máis doado.
Catalá
Admiro a Catalunya. Por seren como son.
Eles mesmos, sen complexos.
Son valiosos, educados , teñen calidade humana.
E cando van polo mundo, presumen de patria, de país, de língua....
Ver ó mellor adestrador mundial ( de fútbol ) falando con naturalidade en inglés, castelán e catalá que orgullo !
( E que envexa...)
SIT TIBI TERRA LEVIS
Foísenos don Isaac Díaz Pardo.
Tratarei, como ata hoxe, de compartir e divulgar a súa obra, actividade e biografía...
Qué orgullo ter un xenio noso, tan admirable !
Co meu sentimento... sit tibi terra levis , don Isaac.
San Martiño Pinario
A fachada principal do mosteiro de San Martiño Pinario é unha obra de arte do século XVIII.
Aínda sendo profano no coñecemento artístico, ún non deixa de admirarse diante dese lenzo espectacular, tan chamativo, cos elementos propios da última gran revolución estética na historia da arte : o barroco.
Catro columnas dóricas protexen a porta principal do convento, coa estatua de San Bieito e a balconada da estancia do prior.
Enriba, os elegantes pináculos que adornan toda a cornisa ( case cen metros ! )
complementan un monumental grupo escultórico : o escudo español, e san Martiño compartindo a súa capa, cun pobre.
A beleza  do conxunto reside na total  harmonia dos diferentes elementos presentes na fachada  e  a enorme  extensión  adicada os xardíns...
Unha  espaciosa escaleira - con balaustres e pasamáns delicadamente tallados -, é o remate duns parterres ( un a cada man ) amplos , exquisitos, preciosos..
- fixádevos na elegancia da granito tallado en forma de esfera, pináculo, pirámide...que se inserta, discretamente no peche de todo o  contorno. Unha marabilla ! -
Foi  no 1738  - hai 273 anos !! - cando remataron as obras, ( dos mellores arquitectos da época : frei Gabriel de Casas, frei Manuel de los Mártires , Fernando de Casas Novoa )
E agora van, e plantan un busto do beato Xoán Paulo  II ...!!!
- sen trámites, pero con publicidade e fachenda....! -
O beato Ioannes Paulus II ten unha rúa...se o Concello o quere seguir agasallando, que poña alí a estatua..!
Non é lóxico. Nin xusto. Nin demócrata, - nun estado laico -.
Hai que falar. Debater. Consensuar. Gobernar para todos...
No século XXI , non podemos retroceder tanto !
( ou sí ? )
Decembro 2011
Decálogo
I
Prólogo
Venderon millóns de copias e , aínda hoxe, é unha canción de culto.
Foi , naquela época, un tema de rock progresivo no que destaca un pegadizo solo de órgano.
Grazas o traballo de Eric Siblin
souben da (intra ) historia , dunha das miñas cancións favoritas.
Así que, entusiasmado co pracer dunha das máis valiosas lecturas da miña vida, déixovos as mellores virtudes do libro ( non lle atopei defectos ! )
II
Decálogo
I.- Sorprendente.
Non é ensaio, nin novela, nin biografía, nin tratado musical, nin libro de  memorias, nin  de viaxes...pero ten todo iso, e máis !
II.- Ameno.
Cunha redacción atractiva, mesturando a cronoloxía sabiamente, faísenos grato, entretido, agradable.
III.- Engaiolante.
Desde a primeira páxina, cando nos conta a idea primixenia da obra ( no 2000 -  en Toronto - Canadá ) ata o remate, páxina  320...o libro é unha excitante intriga -tecida en tres fíos conductores -  na que sempre imos avanzando e sabendo máis.
IV.- Erudito.
( asómbranos ! )
V.- Emocionante.
Johann Sebastian Bach (1685-1750 ) e Pau Casals ( 1876 -1973 )
E o que nos transmite  sempre é : cercanía,  admiración, cariño, respeto , emoción...
VI.- Divertido.
Un humor anglosaxón , cínico , elegante, sarcástico...
Moi graciosas  as secuencias no retiro das  Lauréntidas canadenses, acedo o relato das versións bachianas contemporáneas..
VII.- Profundo.
Despois da lectura diaria, cando pechamos o libro, paramos, pensamos, reflexionamos...O autor sabe transmitirnos inquedanzas pola historia, pola música, polas persoas, pola vida...
VIII.- Orixinal.
Desde a primeira páxina quedamos prendados do narrador.
Adiviñamos unha persoa xoven / foi critico musical de musica pop na Gazette - e non soporta a U2- !/
E ficamos abraiados cando se inscribe nos Coros de Bach, ou cando é quén de tocar o violonchelo, ou cando toma un café con Walter Joachim, transmitíndonos a súa emoción por falar cun grande da música, que coñeceu e tocou con Casals
IX.- Deslumbrante.
É tan accesible, que nos facilita as cousas.
Hai uns coñecementos teóricos da música, que enchen e completan a nosa formación. Agora sei o que é a armonía ; coñezo a definición exacta dunha melodía ; identifico un arpegio dentro duns acordes...unha valiosa axuda para disfrutar mellor da máis excelsa creación humana:  a música !
X.- Riguroso.
O libro remata cunha elegancia exacta, precisa, concreta , de consultas, citas, bibliografia, agradecementos...un traballo sólido, impecable, perfecto !.
III
Epílogo
Case tódolos críticos recomendan escoitar a gravación de Pau Casals das Seis Suites para Violonchelo, namentras leemos o libro.
É lóxico: Eric Siblin organiza a obra, seguindo a estructura de cada peza :
preludio, alemanda,courante, zarabanda, minueto, giga, e contándonos as sensacións - de cada unha delas - en cada Suite ( impagable ! ).
Pero non vos precipitedes...!
Recoméndovos leer o libro, escoller algunhas das gravacións que se citan, e logo escoitar demoradamente...
paga a pena !.
No entanto, eiquí está Bach,  no século XXI
A Feira
A Feira
A Feira ( chamada oficialmente Mercado Nacional de Gando de Santiago ) forma parte do patrimonio inmaterial da capital de Galicia pola súa historia, tradición e arraigamento.
Xa en tempos de Xelmírez - século XII - aparece unha certa regulación que sanciona a compra de gando a ladróns, xentes descoñecidas, etc..
Desde o século XVIII, celébrase  tódolos xoves na carballeira de Santa Susana, aumentando  a súa importancia a medida que pasan os anos.
É comprensible : Galicia é ( era ) unha terra basicamente agrícola e gandeira.
E Santiago era o centro deste mundo rural.
A Feira sempre tivo moita sona pola   abundancia e variedade  de gando ( vacuno, porcino, cabalar...), pola diversidade de xentes e comercios ( había negocios varios relacionados con todo o do agro ),  pola seriedade dos tratos ( o acordado, cumpríase sempre )
Foi no 1971, cando a súa magnitude deixou pequena , incómoda  e mesmo insana para tanto animal, á Carballeira.
En Salgueiriños estreáronse unhas instalacións acordes cos novos tempos, pensando no gando e tamén nas persoas.
E foi alí, no 1978, cando a Feira acadou o seu máximo esplendor: Mercado Nacional de Gando; denominación que aínda conserva e que siñifica ser un dos  nove  mercados de referencia en España -tendo en conta que en Galicia hai tres -!
Tanto éxito fixo que se cambiase a data da Feira.
O inmemorial xoves, pasou a mércores, para facilitar o transporte do gando a sitios fora de Galicia (Aragón, Cataluña, incluso Portugal ou Francia).
No 1998 inaugurouse o recinto de Amio pagado, nun 40%, con fondos europeos...
Europa estaba convencida da valía da Feira : era unha marca consolidada, positiva, atractiva : dicir Feira -  mercado de gando !- era calidade no territorio español...
E as cifras, confirmábano ano tras ano...
Malia a crise que afecta ao sector nos últimos tempos ,  os datos do pasado 2010 ( tomados das estatísticas públicas e oficiais ) seguen sendo positivos, chamativos e optimistas :
Volume económico, en Santiago: 49.300.000 euros
Torrelavega: 46.400.000 euros (E non digamos os dous mercados galegos : 18.200.000 euros Silleda;  7.700.000 euros Castro de Ribeiras do Lea)
Taxas Concello (por cabezas de gando e coches , cada mércores ) : 125.000 euros/ano.
Actividades complementarias : hostalería, transporte, productos agricolas... : 500.000 euros / ano, aproximadamente...
Vaia!
Empecei platicando sobre o  patrimonio inmaterial , e acabei falando de cartos! , o discurso habitual hoxendía -lamentablemente-
e aínda así...
...servirá de algo ?
Ter,  na capital de Galicia, un patrimonio inmaterial que segue sendo rendíble economicamente no 2011, non é dabondo.
A Xunta de Galicia quere levar  a Feira, para Silleda
E o Concello de Santiago, colabora.
Que se pode facer , para evitar esta desfeita?