Blogia
Antón da Sobreira

Simón

Simón é unha variante do hebreo bíblico Shime,ôn.

 Houbo dous apóstolos con ese nome : Simón Pedro  e Simón Zelota, amigo e compañeiro de Xudas Tadeo

( curiosas as duplas apostólicas , non ? : Simón e Xudas, Santiago e Xoan, Felipe e Bertomeu , Pedro e Andrés, Tomás e Mateo... )

 Cando non aparece con Tadeo, San Simón é representado cunha serra - instrumento do martirio - e cun libro

- símbolo apostólico -

 En Galicia tense por avogoso do raio, faísca e treboada...

 Na nosa fértil tradición oral,  aparece abondoso :

 “ Polo san Simón, áncoras e fondón”

....

 “Polo san Simón, tapa o portelo da sazón;

o da restreba, non “

.....

 “Polo san Simón proba o viño,

e o porco polo San Martiño “.

........

 “Polo san Simón apreta o baldón “

...

 “A verdura en san Simón,

da pró amo e pra o ladrón”

 ....

“Por san Simón ,

morre a mosca e o moscón”

 

“¡San Simón, san Simón !.

Se me apañas unha mosca,

douche un millón.

-Mirarei, mirariei,

que no forno

aínda ha de haber..”

.......

Síntome afortunado, hoxe 28 de outubro, adicándolle esta páxina ó meu afillado Simón.

 Apertas virtuais.!

 

Fonte: Diccionario dos nomes galegos. Xesús Ferro Ruibal e outros. Ir Indo Edicións.1992

0 comentarios