Blogia
Antón da Sobreira

Decálogo

Decálogo

I

Prólogo

 

   En 1967, os británicos Procul Harum acadaron un éxito mundial coa súa canción “A Whiter Shade of pale” ( traducida ó  castelán “ con su blanca palidez ” ).

  Venderon millóns de copias e , aínda hoxe, é unha canción de culto.

  Foi , naquela época, un tema de rock progresivo no que destaca un pegadizo solo de órgano.

   En realidade, a canción é un plaxio da “Aria sobre a cuarta corda” de Johann Sebastian Bach ( 1685-1750 ).

   O triste é que, corenta anos despois, dous membros da banda litigaron polos “royalties” da canción ( o teclista demandou ó vocalista, pedindo a metade dos ingresos ).

    Grazas o traballo de Eric Siblin 

souben da (intra ) historia , dunha das miñas cancións favoritas.

   Así que, entusiasmado co pracer dunha das máis valiosas lecturas da miña vida, déixovos as mellores virtudes do libro ( non lle atopei defectos ! )

 


 

II

Decálogo

 

 I.- Sorprendente.

    Non é ensaio, nin novela, nin biografía, nin tratado musical, nin libro de  memorias, nin  de viaxes...pero ten todo iso, e máis !

 

II.- Ameno.

    Cunha redacción atractiva, mesturando a cronoloxía sabiamente, faísenos grato, entretido, agradable.

 

III.- Engaiolante.

    Desde a primeira páxina, cando nos conta a idea primixenia da obra ( no 2000 -  en Toronto - Canadá ) ata o remate, páxina  320...o libro é unha excitante intriga -tecida en tres fíos conductores -  na que sempre imos avanzando e sabendo máis.

 

IV.- Erudito.

   É unha “pasada” !. O autor coñece, sabe, viaxa, descubre, cultívase...

  ( asómbranos ! )

 

V.- Emocionante.

     O libro é unha aproximación – e unha homenaxe- a dous músicos excepcionais : 

 

  Johann Sebastian Bach (1685-1750 ) e Pau Casals ( 1876 -1973 )

 E o que nos transmite  sempre é : cercanía,  admiración, cariño, respeto , emoción...

 

VI.- Divertido.

     Un humor anglosaxón , cínico , elegante, sarcástico...

  Moi graciosas  as secuencias no retiro das  Lauréntidas canadenses, acedo o relato das versións bachianas contemporáneas..

 

VII.- Profundo.

   Despois da lectura diaria, cando pechamos o libro, paramos, pensamos, reflexionamos...O autor sabe transmitirnos inquedanzas pola historia, pola música, polas persoas, pola vida...

 

VIII.- Orixinal.

    Desde a primeira páxina quedamos prendados do narrador.

  Adiviñamos unha persoa xoven / foi critico musical de musica pop na Gazette - e non soporta a U2- !/

   E ficamos abraiados cando se inscribe nos Coros de Bach, ou cando é quén de tocar o violonchelo, ou cando toma un café con Walter Joachim, transmitíndonos a súa emoción por falar cun grande da música, que coñeceu e tocou con Casals

 

IX.- Deslumbrante.

   É tan accesible, que nos facilita as cousas.

Hai uns coñecementos teóricos da música, que enchen e completan a nosa formación. Agora sei o que é a armonía ; coñezo a definición exacta dunha melodía ; identifico un arpegio dentro duns acordes...unha valiosa axuda para disfrutar mellor da máis excelsa creación humana:  a música !

 

X.- Riguroso.

   O libro remata cunha elegancia exacta, precisa, concreta , de consultas, citas, bibliografia, agradecementos...un traballo sólido, impecable, perfecto !.

 


 

III

Epílogo

 

  Case tódolos críticos recomendan escoitar a gravación de Pau Casals das Seis Suites para Violonchelo, namentras leemos o libro.

   É lóxico: Eric Siblin organiza a obra, seguindo a estructura de cada peza :

preludio, alemanda,courante, zarabanda, minueto, giga, e contándonos as sensacións - de cada unha delas - en cada Suite ( impagable ! ).

 

  Pero non vos precipitedes...!

 Recoméndovos leer o libro, escoller algunhas das gravacións que se citan, e logo escoitar demoradamente...

paga a pena !.

No entanto, eiquí está Bach,  no século XXI 

”Las suites para violonchelo”. ( En busca de Pau Casals, J.S.Bach y una obra maestra ). Eric Siblin. Traducción de Julio Fajardo.Turner Música. Madrid. Mayo 2011

0 comentarios