Blogia
Antón da Sobreira

República, República...

 

Inspirado na Institución Libre de Ensinanza ( ILE ), o Ministerio de Instrucción Pública creou , mediante decreto do 29 de maio de 1931, o Padroado das Misións Pedagóxicas.

Pensade (I) : A segunda República chegou a España tal día coma hoxe, 14 de abril, do 1931.

Hai 81 anos....!

A grandeza dos seus ideais tomou xeito 45 dias despois ( nada, un lóstrego...aínda estaban aterrando nas institucións...)

pero tiñan moi claro cales eran as eivas desta pel de touro ( basicamente rural) : analfabetismo, educación, coñecementos, cultura...

Manuel Bartolomé Cossío ( 1857-1935 ) pedagogo, historiador, foi o encargado de levar a cabo – hoxe sabémolo - , unha das máis grandes experiencias revolucionarias na educación popular : As Misións Pedagóxicas.

 Os republicanos, xente honesta , desinteresada, e preocupada polo país , artellaron unha grande actividade pedagóxica, baseada en tres obxectivos :

 

a) Fomento da cultura xeral, mediante a creación de bibliotecas populares -fixas e circulantes – e a organización de leituras, conferencias públicas, exposicións...

 

b) Visitas ás escolas . Organizaban nas escolas, visitas que duraban unha semana, e nas que trasnmitían as orientacións pedagóxicas aos mestres -sempre baseadas na pedagoxía lúdica, nas leituras pracenteiras, nos espectáculos de teatro ( monicreques )

 

c) Educación cidadá, con reunións nas que se afirmaban os principios democráticos- explicandolle a xente ,paseniñamente,o que era o Estado, como estaba formado, como se podia participar....

 

Pensade (II) :

- Entre 1931 e 1934, crearon 5.000 ( cinco mil !!) bibliotecas en toda España.

( 485 en Galicia )

  • Houbo servizos de Música e Gramófonos que se deixaban nos pobos

  • Películas, tan fascinantes, que ateigaban as prazas das aldeas máis remotas

  • O Museo do Pobo : As grandes obras pictóricas do Prado, copiadas fielmente, chegaban ata as parroquias máis recónditas...( e con explicacións sinxelas de cada obra )

  • Centos de mestres, poetas, escritores , intelectuales, implicáronse , entusiasmados , nunha laboura perfectamente organizada, que rendía contas cada ano..

    ( que seriedade ...! )

     En fin, neste 14 de abril de 2012, qué menos, que reflexionar no que poido ser....

( e non foi )

SAÚDE E REPÚBLICA !

14 de abril 2012

0 comentarios