Blog de Antón da Sobreira

Quercus suber ( galego : sobreira ) – (castelán : alcornoque )-

En Balboa, parroquia de Arnois, concello de A Estrada, provincia de Pontevedra, atópase o máis antigo exemplar de Sobreira que existe en Galicia.



É a Sobreira de Balboa, da cal xa hai constancia no século XVI, reinando os Reis Católicos, como pertencente a casa da Vila dos Hórreos.

Pódese ver moi preto da Nacional 525 (Santiago –Ourense ).

Malia as múltiples vicisitudes que sufriu – por exemplo, prendéronlle lume para expulsar un enxame de avellas –segue ergueita coa súa copa sempre verde, chea de múltiples, frondosas e fermosas polas.

Quen mellor que ela, por tanto, para darlle nome a esta miña afección botánica ; unha vez que nacer en Ombre –nas portas das Fragas do Eume – puxese o meu carón, a semente vexetal desta vella teima: valorar, coñecer e desfrutar dun valioso patrimonio natural : as nosas árbores.