AS MIÑAS ÁRBORES-VI
Estimado Miguel:
A túa sensibilidade, fascinada pola eclosión primaveral, dame pé para falarche desas dúas especies que te asombran no miragre anual da renovación da vida vexetal.
Nestes tempos, a Botánica -tamén- forma parte dun proxecto global de cambio estético nas vilas e cidades. Dicíame o decorador dun hotel compostelán, que nós proxectos de construcción de hoteis ( e parques, paseos, etc. engado eu) xa se lles pide o diseño do xardín central, ou traseiro, ou complementario.... Comentaba que eles (decoradores) baseánse no impacto visual (floración, mestura, colores...) e na adecuación das árbores (ou prantas) coas esixencias mercantiles.
Así que, por iso, eu vouche falar do que nunca aparecerá nos proxectos decorativos; desas características, desas anécdotas, que fan ás árbores máis atractivas (penso eu).
Por exemplo dúas especies que tí, minimamente preocupado polo que te rodea, ollas asombrado nestes días de Abril.
A árbore na que agroman as follas mais verdes é un bidueiro. Tamén chamado abidueira. (En castelán: abedul).
En Galicia é moi abundante. De feito é unha especie endémica da Península Ibérica. O seu nome científico é “Bétula celtibérica Roth.”. A partir desa especie orixinal, fixéronse moitos híbridos e mesturas, como é o caso da “Bétula péndula Roth” que aparece a beira de rúas, camiños e paseos...
Ó atractivo da árbore, escomenza polo nome: Bétula, procede do celta betu (árbore).
(Algún día falaremos do galego, grandioso!, nomeando en femenino a maoiría das árbores....a terra nai, a natureza, nai de tóda-las cousas...qué sabios eran os nosos antepasados!).
A abidueira ten una cortiza interna, fina e transparente, que antigamente se usaba para escribir.
En latín esa cortiza recibía o nome de librum.
Entendes agora de onde ven o nome de libro?.
Non é fascinante?.
Naturalmente a árbore ten -tamén- unhas grandes propiedades medicinais:A súa saiva utilízase contra as inflamacions renais e da vexiga, e ten unha cualificada acción diurética, ó igual que o cocemento das suas follas ca saiva.
No norte de Europa (en Finlandia sobre todo) fermentan a saiva, obtendo unha cervexa moi apreciada...nesa cultura do alcohol, mesturan tamén a saiva coas uvas, obtendo un viño gorentoso e habitual nas poblacions rurais finesas....
Por suposto a madeira é moi utilizada.
Pódeslle preguntar ó teu pai de que eran as zocas habituais na nosa xente, os xugos....a abidueira sempre omnipresente.
A cortiza é rica en betulina (antibiótico), e usábase como impermeable nas chozas e pallozas...Remato contándoche que nós meus tempos infantís (xa choveu dende aquela!!) os mestres chamábanlle “ a árbore da sabiduría”: coas poliñas mais flexibles facían as varas para zorregarnos cando non sabíamos a lección....supoño que na túa infancia xa non habería estas varas tan “pedagóxicas”, ou sí?...
Da segunda árbore, o que mais me cautivou, foi a súa lenda.
Falo do “Salix Babylonica L.” . (Salgueiro chorón: -sauce llorón- en castelán)
Efectivamente súas follas son dun verdor mais crariño. Influidas sen dúbida polos pigmentos marelos, tan característicos desta árbore (sabes que é, por así decilo, o irmá maior da vimbieira, dos vimbios tan habituais na nosa terra -“salix vimialis”-.
A lenda dí que Linneo, o gran naturalista que primeiro clasificou as árbores, deulle este nome en recordo do pobo hebreo. Segundo os salmos,o pobo hebreo choraba o seu desterro en Babilonia ás marxes do Éufrates e penduraba os seus instrumentos musicais nos salgueiros. Aínda así a orixe desta árbore non é Babilonia, senón Asia Central.
A Europa chegou, con seguridade, en 1730 (Así consta nos arquivos do Xardín Botánico de Londres, plantada por Lord Vernon).
Igoal que tódalas do seu xénero ten unha grande propiedade medicinal: Contén na súa cortiza, salicina, da cal se obtén o ácido acetil-salicídico. Sí! ( ¡ a aspirina que tantas vidas leva salvado! ).
Sen chamarlle aspirina, nós tempos antergos xa coñecían estan propiedade tan curativa.
Os sanadores, chamanes, bruxos, sacerdotes, compostores, etc. maceraban a cortiza do salgueiro chorón con vinagre e usábana como analxésico.. facían miragres!.
Ben, Miguel, non podo rematar sin falar tamén das cualidades conxénitas de ámba-las dúas especies, que se repitirán ano tras ano, eternamente, para gozo dós que- coma tí e coma mín- asombránse cada vez que chega a primavera:
Tanto o salgueiro chorón como a abidueira son de folla caduca.
Cada ano renóvanse, no ciclo das catro estacions, trá-lo proceso reproductor, que tamén existe: a abidueira é monoica: súas flores son unisexuais: ben masculinas, ben femininas, dispostas sobre o mesmo individuo ( unha árbore).
O salgueiro chorón é dioico: as flores, ben femininas, ben masculinas, están dispostas en individuos diferentes (dúas árbores).
Non é sabia esta Natureza ?.
Non é maravilloso saber que cada árbore ten unha historia, unha vida, sempre fiel co ser humán?.
En fin, prezado amigo, disfruta destas compañeiras que nada piden e moito ofrecen.: ¡As nosas árbores!
Unha aperta, na primavera compostelán do 2004
Antón da Sobreira.
0 comentarios