Blogia
Antón da Sobreira

Sit tibi terra levis STTL

 

Foísenos Rio Barxa  ...

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2011/01/09/0003_8954583.htm

e, onte, uns poucos visionarios, seguiron pelexando contra dos muiños

( "xigantes"?)

Como homenaxe a esa xente, que loita -sen desánimo - a prol do noso río

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2011/01/10/gritos-eume-medio-siglo-silencio/455421.htm

 vai este poema de Antón Pena

http://sosonpalabras.blogspot.com/2010/12/auga.html

O Eume tranquilo fálame de preto
en voces nas imaxes color sepia
de baños con moi raro bañador.

As cores danse a ver en días de agosto,
saltando entre os agochos do raposo,
baixando na Barrosa a suar ao sol.

Caemos na beiriña desde a pena,
chapuza que chapuza para diante,
mirando cara a Irís só un maior.

O Eume xoguetón é o da xunqueira,
el daba os seus cabelos a trenzar,
prestaba aquelas pedras saltadoiras,
tesouros que non sempre se atopaban,
e ensinaba á ilusión a viaxar.

Labrego vexo un Eume de gamelas,
serias e con firmes rectitudes,
convivindo coas vacas e con carros,
agardando pola herba ou polo viño
e por aquilo que tivesen que levar.

Areeiro, houbo un Eume construtor
de paisaxes lunares de ribeira,
de fontes surtidoras de mil fangos,
de pozas máis profundas cá razón,
con lanchas transformadas en chuponas,
samesugas xigantes sobre a auga,
zugando dese leito o seu placer.

Perigoso e feroz, será ese río
doutro nome e con curso diferente,
non o Eume recordado para min.

 


0 comentarios