Blogia
Antón da Sobreira

Astucia

A min gustoume moito o artigo de Javier Marías titulado "la esfinge asiria".
Era lóxico sendo, como son, un "devoto" das súas reflexións semanais.
Supoño que agora non teño que explicar as virtudes literarias de Marías, pois de todos son coñecidas.

Recordarei, por se acaso, que a brillantez  da súa prosa é debida -ao meu parecer - a dúas cualidades fundamentais :
- Xeito propio de escribir -estilo- orixinal ( atractivo na lectura ).
   Estilo directo, redacción en primeira persoa, vocabulario rico e variado. Frases longas con oracións subordinadas explicativas que despertan a nosa  intriga  e  interés.

- Compromiso e denuncia das lacras, eivas, carencias, males...da sociedade actual ( e do pais no que vive : España ).
 Xa son lexendarios os seus enfrontamentos coa Igrexa Católica polas procesións de Semana Santa, co Axuntamento de Madrid polas obras, ruidos, horarios...coas feministas, cos colegas, coa Real Academia  - da que forma parte desde 2006, ocupando o sillón R -
...
Así que neste artigo locen -coma sempre-  con maestría e destreza , as súas extraordinarias  cualidades literarias ( e polemistas- para os que se sintan aludidos-)
...
Dun xeito hipnótico, envolvente e convincente - a maxia da súa escritura ! -cóntanos a súa impresión do novo presidente do goberno de España: Mariano Rajoy...
e a cousa é deprimente !

Javier Marías explícanos que a astucia clásica das persoas sin ideas, consiste en facerse a a esfinxe ; permanecer calados mentras os demais parlotean ; mostrarse enigmáticos e inescrutables, para que os demáis estean a expectativa e pendentes dos seus escasos pronunciamentos.....

Razoa tan ben
(" y con ello no insinúo en modo alguno que la política de Rajoy vaya a tener nada que ver con la de un dictador ")
que  equipara esa vacuidade, esa febleza, esa ausencia de explicacións, esa frialdade ...coa actitude idéntica, doutro galego -casualmente-, esto é cousa miña : Marías non fai alusión a orixe-...
o xeneral Franco...

Sinceramente, o artigo non ten desperdicio , ( mesmo  hai unha mordacidade ,de pasada, sobre a futura  secretaria xeral dos socialistas Carme Chacón , "cuya mayor capacidad de expresión son sus pucheros " )
-E que ninguén se alporice : non é insulto ou denigración :  -"hacer pucheros es el gesto de la cara que precede al llanto" , segundo o diccionario -
( hai que ler no contexto , e sen prexuizos )
...
A miña opinión persoal
( como nos recomendaban naquelas lonxanas clases de  Lingua e Literatura, tan valiosas...!)
 é , como supoñedes, de difundir e darlle pulo a un dos intelectuales máis valiosos e comprometidos do noso tempo.
Síntome confortado  de ter a alguén que escriba, fermosamente, o que eu penso e sinto sobre temas, cousas, políticos e gobernantes...
( Alguén tiña que dicilo : "Todo se amortigua cuando gana el PP. Los que pierden frente a ellos tienen mejor perder, es innegable.")
Nos ( os que temos certas inquedanzas sociais - con perdón - ) debatimos, falamos, criticamos, dudamos nas votacións, castigamos mentiras ou incumprimentos...
e necesitamos saber que non estamos solos , que somos moitos....
Lendo a Javier Marías, cada domingo, o camiño vital é máis doado.

0 comentarios