Blogia
Antón da Sobreira

¡Escoura!


I

 
Hai que facerlle unha homenaxe a Daniel Fernández e Alejandro Bueno.
Grazas a súa laboura na Organización Nacional de Trasplantes de España, centos de persoas conservan a vida, esa xoia tan valiosa que nos foi dada e que tanto maltratamos.
Alejandro e Daniel realizaban un traballo admirable, anónimo, pero moi eficaz: Percorrían o ceo desta pel de touro, pilotando a súa avioneta, para trasladar os órganos doados nalgún punto xeográfico da península, ata o Hospital programado para facer o trasplante. Rematando o primeiro día de agosto, voaron de Santiago a Asturias. Alí colleron a un equipo médico, e foron ata Porto onde alguén, recén falecido, doara o seu corazón. Voltaron a Oviedo.  Alí quedou o seu proveitoso flete, que o
Hospital Universitario Central de Asturias xestionou admirablemente. (Como sempre. Bendita rutina! Un home de 54 anos, e toda a súa xente, teñen outra oportunidade vital por diante...). As seis da mañá, Alejandro e Daniel retornaban a súa base en Compostela. Coa satisfación do deber cumprido. Como sempre.... Non se sabe o que pasou. A avioneta estrelouse en san Paio, moi perto de Lavacolla. Morreron os dous. Alejandro Bueno tiña 37 anos. Daniel Fernández cumprira 35 anos.

 

II

 
E, coma no pior dos pesadelos, aparece a morralla! Esa xentualla -que ti imaxinabas moi lonxe , ou nas películas, ou nos libros - está en Santiago. Eiquí , o pé de tí...
En lugar de conmoverse por esta traxedia, por esta perda tan incomprensible.... collen os seus móbiles de última xeración e van alí a buscar encuadres, e tirar fotos do desastre... para qué ?
En vez de poñer unhas flores, ou velas acesas -como fan fora daquí- levan ós fillos pequenos (familias con nenos rondan o monte da traxedia) para ollar, curiosear, gravar...
No canto de entrar na rede, e pescudar sobre o excelente traballo da O.N.T. -un
referente mundial na sanidade pública- varios rapaces -maiores de idade - tentan acceder a zona de seguridade - as 4 da mañá- para roubar e levar recordos do sinistro (segundo nos contan en protección civil).....
Qué lle pasa a esta sociedade, espiritualmente enferma?..... Podedes imaxinar a convivencia, as conversas desta xente na súa vida diaria ?.... Arrepía!..... Maldigo ese morbo , esa inmundicia moral, esa banalidade tan noxenta, e como dicían os vellos... deus me libre de tratar con esa tropa!


III

E para Alejandro e Daniel, a miña estima e consideración. Sempre estarán no noso corazón.
 

Sit tibi terra levis

Agosto, 2012

0 comentarios