Blogia
Antón da Sobreira

Pudor

Animado polos amigos, vou tentar ceibar algunhas destas miñas teimas que me axudan a ( sobre ) vivir.

Naturalmente falo do pracenteiro da existencia.

Das cousas que me conforman como ser humano e que me permitiron chegar ata eiquí.

Así que sairán a música, os libros, o cine, a natureza, a xente cercana....

Por suposto non aparecerá nada privado. Todos os que me coñecedes, sabedes do pudor que teño pra falar do íntimo.

O íntimo, ese recuncho único de cada individuo,  é o más sagrado que nos foi dado os humanos.

Non debemos mancillalo, facendo unha exposición obscena do mesmo. Perderíamos a dignidade como persoas; sen dignidade só seríamos animais.

Partindo dese pudor, e apoiándome en vos - ese círculo cercano, tan vital - aparecerán comentarios, notas, ligazóns...

todas cun denomidador común : un senso positivo da existencia...somos afortunados por estar vivos !

En fin, parafraseando a Max Frish,  ¡ tempos éstes nos que hai que falar do que é evidente !

/e cando aprenda a manexar estas cousas da rede, aparecerá unha ligazón de onde tirei a frase, e así acadar máis información ..../

Todo se andará !

........

Faleivos, feliz, na véspera de San Lourenzo.

MMIX

 

0 comentarios