Blogia
Antón da Sobreira

Cohen

 

Nada hai máis reconfortante que a mirada da avoa , de repente expectante e brillante, cando escoitou Montreal.

......

Eu levei o xornal, como case tódolos sábados, e tomando café, comencei esa especie de xogo inmemorial, que consiste en ler os titulares máis chamativos , que ela continúa

( porque xa sabe da cousa , antes de que apareza , escrita 24 horas máis tarde ! ).

.....

Devoto como son , deste premio Príncipe de Asturias das Letras lin , fachendoso :

Leonard Cohen, poeta, novelista e músico, naceu o 21 de setembro de 1934 en Montreal...

.....

Foi entón cando ela , suspirando, dixo :

Mont – Real , Canadá...

a ver, trae o globo do mundo... quero ir, novamente...”

......

É máxico ver a unha muller , nacida no 1929 , con esa vitalidade, curiosidade e intelixencia....

non podemos defraudala !

......

Así que, o vindeiro sábado, vou romper unha norma - autoimposta desde que teño coche -: ( Conducindo, non é posible escoitar a trascendencia nin a profundidade.)

E

como nalgunhas outras -excepcionais - ocasións, desta vez, levarei conmigo un par de Cd,s – Live in London, impagable directo de Cohen con 75 anos – para que dona María poida escoitar unha voz cercana, grave, susurrante, acompañada duns acordes míticos e intemporais...

 Lover, lover

 I,m your man

 Suzanne

 The partisan....

 .....namentras ela, atenta ,educada, curiosa, entregada ,

preguntarame ,

( seguro ! )

 “e porqué lle dan un premio literario, se él é músico ??.

 http://www.elpais.com/articulo/cultura/Todo/empezo/tierra/elpepucul/20111022elpe

 Outubro, sábado 22, 2011

0 comentarios