Blogia

Antón da Sobreira

¡Escoura!


I

 
Hai que facerlle unha homenaxe a Daniel Fernández e Alejandro Bueno.
Grazas a súa laboura na Organización Nacional de Trasplantes de España, centos de persoas conservan a vida, esa xoia tan valiosa que nos foi dada e que tanto maltratamos.
Alejandro e Daniel realizaban un traballo admirable, anónimo, pero moi eficaz: Percorrían o ceo desta pel de touro, pilotando a súa avioneta, para trasladar os órganos doados nalgún punto xeográfico da península, ata o Hospital programado para facer o trasplante. Rematando o primeiro día de agosto, voaron de Santiago a Asturias. Alí colleron a un equipo médico, e foron ata Porto onde alguén, recén falecido, doara o seu corazón. Voltaron a Oviedo.  Alí quedou o seu proveitoso flete, que o
Hospital Universitario Central de Asturias xestionou admirablemente. (Como sempre. Bendita rutina! Un home de 54 anos, e toda a súa xente, teñen outra oportunidade vital por diante...). As seis da mañá, Alejandro e Daniel retornaban a súa base en Compostela. Coa satisfación do deber cumprido. Como sempre.... Non se sabe o que pasou. A avioneta estrelouse en san Paio, moi perto de Lavacolla. Morreron os dous. Alejandro Bueno tiña 37 anos. Daniel Fernández cumprira 35 anos.

 

II

 
E, coma no pior dos pesadelos, aparece a morralla! Esa xentualla -que ti imaxinabas moi lonxe , ou nas películas, ou nos libros - está en Santiago. Eiquí , o pé de tí...
En lugar de conmoverse por esta traxedia, por esta perda tan incomprensible.... collen os seus móbiles de última xeración e van alí a buscar encuadres, e tirar fotos do desastre... para qué ?
En vez de poñer unhas flores, ou velas acesas -como fan fora daquí- levan ós fillos pequenos (familias con nenos rondan o monte da traxedia) para ollar, curiosear, gravar...
No canto de entrar na rede, e pescudar sobre o excelente traballo da O.N.T. -un
referente mundial na sanidade pública- varios rapaces -maiores de idade - tentan acceder a zona de seguridade - as 4 da mañá- para roubar e levar recordos do sinistro (segundo nos contan en protección civil).....
Qué lle pasa a esta sociedade, espiritualmente enferma?..... Podedes imaxinar a convivencia, as conversas desta xente na súa vida diaria ?.... Arrepía!..... Maldigo ese morbo , esa inmundicia moral, esa banalidade tan noxenta, e como dicían os vellos... deus me libre de tratar con esa tropa!


III

E para Alejandro e Daniel, a miña estima e consideración. Sempre estarán no noso corazón.
 

Sit tibi terra levis

Agosto, 2012

Abisal

Abisal

Fotografía de Mark Thiessen, National Geographic.



Que vos parece ?

Eu aínda estou abraiado pola xesta de James Cameron.
Fascíname esa determinación (sete anos preparando a exploración submarina!) tan esixente para
realizar un soño: baixar a once kilómetros de profundidade.
O sitio máis fondo do planeta Terra.
O abismo Challenger.
Un foxo, nas illas Marianas , de 11.024 metros.
Dios! Non sentides un arrepío?
Ún lee, engaiolado, datos e datos que realzan a grandeza da epopeia (século XXI!)

.....

Oito Tm/cm2 , de presión (tan brutal, que o minisubmarino de Cameron encolleu 7 cms!)
Setenta minutos - Unha hora e dez minutos - tardou en voltar a superficie...Unha eternidade !!

......

Así que non vos estrañedes que o domingo 20 , as 23,30 horas, estivese pendente de National
Geographic para ver a estrea do documental desta odisea...e non saín defraudado!

Ten todas as virtudes dos bos produtos americanos, onde non se escatiman cartos :
-Capacidade de traballo (botan 84 meses, diseñando barcos e submarinos, para evitar erros !)
-Guión (orixinal. Sempre pasa algo: crean interés, atención, dependencia...)
-Calidade (realización fascinante. Imaxes variadas desde ángulos increíbles....)

.....

Sinceramente, recoméndovos pescudar sobre a viaxe de James Cameron
 ó fondo do mar...paga a pena !

Coda: Illas Marianas por certo nome español, que quedou para sempre, desde 1667, na honra de Mariana de Austria, raíña rexente en España logo da morte do rei Felipe IV en 1665.

Doutor Casares

Doutor Casares

Fascinado pola impresionante traxectoria vital do doutor Casares ( pra empezar  : cantas persoas poden nacer  e morrer no mesmo dia...con 76 anos de diferencia ! ? ),comparto con  vos a homenaxe que lle rendeu a Real Academia Galega de Ciencias , conmemorando o V día do científico galego.

 Lémbrovos que , en anos anteriores, os homenaxeados foron :

 

Enrique Vidal Abascal  (2008 )

Isidro Parga Pondal (2009)

Cruz Gallastégui Unamuno ( 2010 )

Ramón María Aller Ulloa (2011 )

 

 

Somentes por esta única xornada, adicada ós grandes ( e esquecidos ) científicos galegos -ou adoptados pola nosa terra – esta  Academia merece os nosos parabéns e a meirande difusión !

....

Como sei da preguiza que a todos nos invade nestes tempos, para pescudar e disfrutar de xoias ocultas, vai a biografia ( copiar- pegar) do egrexio Antonio Casares Rodríguez, que naceu, tal día coma hoxe, 28 de abril, hai douscentos anos....! e morreu, tal día coma hoxe, hai cento vintecatro anos....!

 

Antonio Jacobo Casares Rodríguez naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 28 de abril de 1812, onde cursou o ensino primario e secundario no Colexio de Humanidades. Nos primeiros anos da súa carreira profesional licenciouse en Filosofía (disciplina na que tamén se doutorou) e en Farmacia; xa máis tarde, licenciaríase tamén en Medicina.
Á marxe destas titulacións principais, tamén cursou estudos de Mineraloxía no Museo de Ciencias Naturais de Madrid.

Con só 24 anos gañou por oposición a primeira Cátedra de Química Aplicada ás Artes da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Posteriormente, convertiríase no primeiro catedrático de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cargo que ocupou dende1845 ata o seu falecemento

   Tamén ocupou interinamente outras cátedras, como a de Química Inorgánica e a de Historia Natural dende a que impulsou o Gabinete de Historia Natural, que co tempo se convertiría no Museo de Historia Natural da Universidade.
O seu primeiro cargo administrativo na USC chegou en 1846, co nomeamento como decano da Facultade de Filosofía (que daquela abranguía as disciplinas de Letras e Ciencias). En 1857 asume o decanato da recén creada Facultade de Farmacia e dous anos despois converteuse no primeiro decano da Facultade de Ciencias (Química), tras a separación da Facultade de Filosofía nas de Letras e Ciencias. En 1872 foi
nomeado reitor da USC, cargo que exerceu ata o seu falecemento, o 28 de Abril de 1888.

A súa extraordinaria formación e capacidade de traballo permitíronlle acadar importantes logros en diferentes ámbitos do coñecemento. Foi un dos creadores da análise química e un dos iniciadores da técnica da espectrocopía en España. A el débense os primeiros estudos en profundidade sobre as fontes de augas medicinais e os viños galegos. No primeiro caso, os seus traballos de análise de metais en augas levárono a realizar as súas primeiras investigacións en Caldas de Reis e Cuntis, ás que logo seguiron
outras en Arteixo, Carballo, Mondariz, A Toxa, Sousa, etc. O seu prestixio nesta área era tan grande que os seus servizos foron requeridos por toda España, dende Gran Canaria ata Zamora. O seu traballo sobre o descubrimento dos metais Rubidio e Cesio en augas minerais foi un fito importante na ciencia española. Casares foi quen de orientar o seu traballo científico ao estudo de temas de interese práctico para a industria e a agricultura e en xeral para a sociedade galega, un aspecto novidoso no seu tempo.

No ano 1847, tan só unhas semanas despois das primeiras experiencias mundiais en Massachussets (EE.UU.) e Edimburgo (Reino Unido), sintetizou cloroformo e éter cos que se realizaron as primeiras intervencións cirúrxicas con anestesia en España. Tamén realizou investigacións no ámbito da Mineraloxía, ata o punto de que no curso dos seus traballos de campo en Cabo Ortegal (A Coruña) logrou descubrir dous novos minerais: a morenosita e a zaratita (aínda que esta última non se admite na actualidade como especie mineral propiamente dita). Ademais, foi un dos tres especialistas que, a petición do cardeal Miguel Payá Rico, ditaminaron sobre se os restos descubertos na Catedral de Santiago en 1879 correspondían ao Apóstolo e a dous dos seus discípulos. As súas aportacións quedan recollidas nos numerosos traballos científicos que publicou en revistas nacionais e internacionais.

O seu carácter emprendedor levouno, no ano 1851, a acender no claustro do edificio da Universidade de Santiago -hoxe Facultade de Xeografía e Historia- a primeira luz eléctrica con arco voltaico , que funcionou en España.

No campo docente acadou un elevado recoñecemento, destacando polo carácter práctico da súa metodoloxía, que incluía sistematicamente observacións, experimentos e saídas ao campo. A súa preocupación por que os seus alumnos dispuxesen de manuais, xunto cun amplo dominio de idiomas, levárono a traducir varios textos do francés e do alemán. Posteriormente escribiu os seus propios libros. A primeira publicación foi o "Tratado de Química", en 1848, que tras varias edicións titularíase "Manual de Química general con aplicaciones a la industria y en especial a la agricultura". Este texto foi utilizado de xeito oficial nas universidades de España durante case corenta anos. Logo viron a luz "Programa de Química General" e "Tratado práctico de análisis químico de las aguas minerales y potables".

Pertenceu a moi diversas corporacións científicas nacionais e estranxeiras e estivo en posesión de múltiples condecoracións e honras, entre as que destacan Cabaleiro do Toisón de Ouro, a Gran Cruz de Isabel a Católica e Cabaleiro da Real Orde de Carlos III. Químico eminente, farmacéutico, médico, pedagogo, divulgador da ciencia, coleccionista, home dunha moi ampla cultura e servidor público en postos de responsabilidade, foi merecidamente proclamado pola Real Academia Galega de Ciencias "Científico Galego" do ano 2012, como exemplo e portaestandarte da ciencia en Galicia.”

Fonte :      Real Academia  Galega de Ciencias                                                 

República, República...

 

Inspirado na Institución Libre de Ensinanza ( ILE ), o Ministerio de Instrucción Pública creou , mediante decreto do 29 de maio de 1931, o Padroado das Misións Pedagóxicas.

Pensade (I) : A segunda República chegou a España tal día coma hoxe, 14 de abril, do 1931.

Hai 81 anos....!

A grandeza dos seus ideais tomou xeito 45 dias despois ( nada, un lóstrego...aínda estaban aterrando nas institucións...)

pero tiñan moi claro cales eran as eivas desta pel de touro ( basicamente rural) : analfabetismo, educación, coñecementos, cultura...

Manuel Bartolomé Cossío ( 1857-1935 ) pedagogo, historiador, foi o encargado de levar a cabo – hoxe sabémolo - , unha das máis grandes experiencias revolucionarias na educación popular : As Misións Pedagóxicas.

 Os republicanos, xente honesta , desinteresada, e preocupada polo país , artellaron unha grande actividade pedagóxica, baseada en tres obxectivos :

 

a) Fomento da cultura xeral, mediante a creación de bibliotecas populares -fixas e circulantes – e a organización de leituras, conferencias públicas, exposicións...

 

b) Visitas ás escolas . Organizaban nas escolas, visitas que duraban unha semana, e nas que trasnmitían as orientacións pedagóxicas aos mestres -sempre baseadas na pedagoxía lúdica, nas leituras pracenteiras, nos espectáculos de teatro ( monicreques )

 

c) Educación cidadá, con reunións nas que se afirmaban os principios democráticos- explicandolle a xente ,paseniñamente,o que era o Estado, como estaba formado, como se podia participar....

 

Pensade (II) :

- Entre 1931 e 1934, crearon 5.000 ( cinco mil !!) bibliotecas en toda España.

( 485 en Galicia )

  • Houbo servizos de Música e Gramófonos que se deixaban nos pobos

  • Películas, tan fascinantes, que ateigaban as prazas das aldeas máis remotas

  • O Museo do Pobo : As grandes obras pictóricas do Prado, copiadas fielmente, chegaban ata as parroquias máis recónditas...( e con explicacións sinxelas de cada obra )

  • Centos de mestres, poetas, escritores , intelectuales, implicáronse , entusiasmados , nunha laboura perfectamente organizada, que rendía contas cada ano..

    ( que seriedade ...! )

     En fin, neste 14 de abril de 2012, qué menos, que reflexionar no que poido ser....

( e non foi )

SAÚDE E REPÚBLICA !

14 de abril 2012

In memoriam

 

Vin cousas, máis aló de Orión, que non sodes quén de imaxinar, nen soñando....”

 ( Philip K. Dick. ¿Soñan os androides con ovellas eléctricas ?.1968 )

 

 

 

 

NÉMESIS DIVINA

 

 

 

Á FRAGA do Eume, Linneo teríalle pendurado

 

o mesmo aviso que leu nun xardín de Hamburgo :

 

Non fagas ningún mal e non serás vítima ti

 

de ningún, como o eco que che devolve

 

o teu propio berro no bosque”.

 

 

César A.Molina. Eume. Colecc. Dombate . Poesía. Galaxia .Vigo. 2007

 

 

 In memoriam, pola miña Fraga, no domingo de ramos do 2012

Rosalía

O venres 24 de febreiro, polo serán, lembrei a Rosalía.

( E sentínme afortunado !)

Convocados pola asociación de  veciños Doutor Maceira de Conxo , e pola Plataforma en Defensa do Sar, ducias de composteláns, estudiantes e curiosos , lembramos, na Praza de Vigo, os 175 anos que cumpriría a nosa poetisa inmortal.

Foi moi entrañable.

Marilar Aleixandre e Anxo Angueira 

puxeron sentimento e paixón, recitando versos míticos da nosa galega egrexia...

E pra rematar, plantamos pensamentos ( viola tricolor ), unha das favoritas de Rosalía, e un carballo ( quercus robur ), para lembrar ese cumpreanos.

...

De volta na casa, voltei ós vellos libros para ler a deprimente ( aínda  agora , e daquela ? ) historia dunha rapaza chamada Tareixa Castro ( orfa de pai e nai desde os 25 anos) que paríu  - con 33 anos - nunha casa , do Campo de San Xosé – hoxe Praza de Vigo -, a unha nena batizada ,  na capela do Hospital Real , como María Rosalía Rita...

de pais incógnitos

Astucia

A min gustoume moito o artigo de Javier Marías titulado "la esfinge asiria".
Era lóxico sendo, como son, un "devoto" das súas reflexións semanais.
Supoño que agora non teño que explicar as virtudes literarias de Marías, pois de todos son coñecidas.

Recordarei, por se acaso, que a brillantez  da súa prosa é debida -ao meu parecer - a dúas cualidades fundamentais :
- Xeito propio de escribir -estilo- orixinal ( atractivo na lectura ).
   Estilo directo, redacción en primeira persoa, vocabulario rico e variado. Frases longas con oracións subordinadas explicativas que despertan a nosa  intriga  e  interés.

- Compromiso e denuncia das lacras, eivas, carencias, males...da sociedade actual ( e do pais no que vive : España ).
 Xa son lexendarios os seus enfrontamentos coa Igrexa Católica polas procesións de Semana Santa, co Axuntamento de Madrid polas obras, ruidos, horarios...coas feministas, cos colegas, coa Real Academia  - da que forma parte desde 2006, ocupando o sillón R -
...
Así que neste artigo locen -coma sempre-  con maestría e destreza , as súas extraordinarias  cualidades literarias ( e polemistas- para os que se sintan aludidos-)
...
Dun xeito hipnótico, envolvente e convincente - a maxia da súa escritura ! -cóntanos a súa impresión do novo presidente do goberno de España: Mariano Rajoy...
e a cousa é deprimente !

Javier Marías explícanos que a astucia clásica das persoas sin ideas, consiste en facerse a a esfinxe ; permanecer calados mentras os demais parlotean ; mostrarse enigmáticos e inescrutables, para que os demáis estean a expectativa e pendentes dos seus escasos pronunciamentos.....

Razoa tan ben
(" y con ello no insinúo en modo alguno que la política de Rajoy vaya a tener nada que ver con la de un dictador ")
que  equipara esa vacuidade, esa febleza, esa ausencia de explicacións, esa frialdade ...coa actitude idéntica, doutro galego -casualmente-, esto é cousa miña : Marías non fai alusión a orixe-...
o xeneral Franco...

Sinceramente, o artigo non ten desperdicio , ( mesmo  hai unha mordacidade ,de pasada, sobre a futura  secretaria xeral dos socialistas Carme Chacón , "cuya mayor capacidad de expresión son sus pucheros " )
-E que ninguén se alporice : non é insulto ou denigración :  -"hacer pucheros es el gesto de la cara que precede al llanto" , segundo o diccionario -
( hai que ler no contexto , e sen prexuizos )
...
A miña opinión persoal
( como nos recomendaban naquelas lonxanas clases de  Lingua e Literatura, tan valiosas...!)
 é , como supoñedes, de difundir e darlle pulo a un dos intelectuales máis valiosos e comprometidos do noso tempo.
Síntome confortado  de ter a alguén que escriba, fermosamente, o que eu penso e sinto sobre temas, cousas, políticos e gobernantes...
( Alguén tiña que dicilo : "Todo se amortigua cuando gana el PP. Los que pierden frente a ellos tienen mejor perder, es innegable.")
Nos ( os que temos certas inquedanzas sociais - con perdón - ) debatimos, falamos, criticamos, dudamos nas votacións, castigamos mentiras ou incumprimentos...
e necesitamos saber que non estamos solos , que somos moitos....
Lendo a Javier Marías, cada domingo, o camiño vital é máis doado.

Catalá

Admiro a Catalunya. Por seren como son.

Eles mesmos, sen complexos.

Son valiosos, educados , teñen calidade humana.

E cando van polo mundo, presumen de patria, de país, de língua....

Ver ó mellor adestrador mundial ( de fútbol ) falando con naturalidade en inglés, castelán e catalá que orgullo !

( E que envexa...)