Blogia

Antón da Sobreira

Enguedellar -X - Orixinal !

Manuel Portas presentou a súa segunda novela

Un dedo manchado de tinta” . Narrativa. Edicións Xerais de Galicia. Maio 2011.Vigo

en Compostela.

Era o último xoves de maio e no Airas Nunes – rúa do Vilar, 17 –, xuntámonos veciños, colegas , coñecidos e amigos do autor, para ser agradablemente sorprendidos con :

    - Unha insólita, chamativa e próxima , posta en escea ( música en directo, escoitar, falar...mentras tomas algo )

    - Un libro de 367 páxinas - cun cd de 6 cancións relativas a cada tema ou capítulo- , presentado por Manuel Bragado - Xerais – e por Gracia Santorum

Sentínme cómodo, relaxado e feliz....

Os devoradores de letras – lectores impenitentes -, estimamos moito a cercanía e accesibilidade dos creadores ( amén da súa actitude vital ).

    - o cal non siñifica indulxencia na valoración da escrita -

     .....

Agrádecese, como unha bafarada de aire fresco, a valentía de Portas que chama e implica a xente próxima ( Loaira é unha creación de Clara Pino – colega súa no ensino-) nun proxecto persoal – escribir é algo tan íntimo ! -

para darlle formas atractivas a seis historias , aparentemente independentes, que fan unha novela.

....

¿Como non ler, demoradamente, esas páxinas tan literarias é  -ao tempo-  tan vangardistas, nun territorio real tan coñecido ?.

....

Enche o espíritu ( mediado o 2011 ) contar en Galicia - en galego -, con Manuel Portas ,

narrador..

Enguedellar -IX ( Sol )

 

Stéphane Hessel (Berlín, 1917 ) publicou , en outubro de 2010 , un opúsculo de 26 páxinas titulado

 ¡ Indignez vous !.

 Logo do seu éxito en Francia, a súa patria, (máis de dous millóns de exemplares vendidos), aparece en Galicia : Kalandraka Editora -factoría K de libros - , Marzo-2011. 36162 Pontevedra traducido por Fernando Moreiras e prologado por Manuel Rivas.

( Indignádevos ! )

 Dun xeito sinxelo, ameno e cercano o autor fai un chamamento a xuventude para que se indignen (mobilicen, actúen ...).

 Desde a súa impresionante traxectoria vital ( resistente e supervivente da invasión nazi: redactor da Declaración Universal dos Dereitos Humanos -10/12/1948- )

 Hessel asómbrase de que a diferencia entre ricos e pobres sexa cada vez máis grande – cando hai máis riqueza para repartir!- ; de que inmigrantes, xitanos e sin papeles sexan maltratados ; de que Israel- o seu pai era xudeo-, manteña unha feroz represión en Palestina...

 E despois, coa autoridade que da o coñecemento – cita con propiedade a Hegel ,Sartre , Benjamin – pídelle ós novos que se mobilicen cando non se respete a ética, a xustiza ou se degraden os dereitos humanos.

 ( E propón a insurrección pacífica, que se basea en suscitar o apopio, a compresión e o amparo de todos os que son “adversarios da opresión “ ).

.....

 A min gustoume moito...!

 Como non vou estar orgulloso de So l, Catalunya, Obradoiro, etc...!!!

 ( para completar, vai web francesa sobre a esperanza...)

www.citoyens.résistants.fr

Enguedellar - VIII- : Elefthería -

Alguén querido sabe da túa querencia por Eleftheria .

Ti pensa, ¿cantos galegos coñecen a esta cantante grega ?.

Dentro deses poucos, canta xente cercana a eles ,- e lonxana a ela- , pode controlar nome, concerto, data..?

-ten que haber unha sensibilidade única, excepcional, que che permite pensar nos demáis

(queridos ) -

Chámase empatia.

....

Alguén querido escoitou ese nome -Eleftheria-; esa data -7 de maio-; ese concerto: Sons da diversidade/Auditorio de Galicia -Santiago...e reservou dúas entradas.

( A xente sensible e cariñosa, comparte concertos cunha chea de raros : - vaia !, cantos sodes ! - , aínda que nunca oira falar de Eleftheria Arvanitaki ).

....

E despois, felices ámbolos-dous, pasan todo o camiño de volta , falando dunha noite máxica !

.....

Catro (4 ) músicos impoñentes : bateria/ percusión; piano-órgano; guitarra española ; baixo/bouzouki , e a diva : chea de voz: dominando o escenario – esas verbas en galego ! -,

e as cancións, continuas, perfectas, cunha mestura -casual ou non –, de ritmo e pausa , de voz e instrumentación, de folklore e modernidade, de improvisación e virtuosismo...

( cantou en castelán unha copla , que nin Concha Piquer!; e tamén - “ a capella” - , un tema ¿sefardí ? )

......

Non sei, sentínme afortunado ...!

( Naturalmente, dúas horas despois -cando saimos -, merquei o doble CD +DVD )

Nunca chorarei os 25 euros.

20 cancións en directo !

Qué sensación , sentirse cómplice da fermosura xa escoitada !

....

Ti pensa...

Alguén querido sabe das túas feblezas...e agasállate !

Nada hai máis grande !

....

Foi en Compostela..

conmemorándose oitocentos anos da consagración da Catedral.

Enguedellar-VII ( Ruth Matilda Anderson )

Agora que tan de moda están, as conmemoracións e os fastos para celebrar calquera evento – escusas habituais para potenciar o negocio turístico de cidades e paises - pídovos que fagades unha pequena viaxe coa vosa imaxinación, no tempo.

Hai que voltar atrás.

Retroceder ata o chuvioso dia de San Silvestre do 1925.

Son as sete da tarde en Compostela.

Accedemos a Quintana, pola rúa da Conga.

Namáis entrar, paramos.

Fronte a nós, na Porta Santa, algúns operarios afánanse en colocar as bombillas

de colores que adornarán , todo o Ano Santo que está a piques de principiar, aquelas paredes centenarias...

Hai dúas escadas, restos de terra e pedras...nótanse as obras.

A nosa fotógrafa , non dubida.

Fala con axudantes e colaboradores. Instalan os trebellos da Kodak.

Organiza encuadres, ángulos, detalles técnicos...

( e avisa ós traballadores da Catedral, de que vai a tirarlles un retrato. )

Preme na botoneira, e outra instantánea - imperecedeira -, queda apreixada no carrete.

( Case cinco mil fotografías , neses tres anos de viaxe por Galicia, que garda e arquiva cunha meticulosidade exemplar – que hoxe tanto lle agradecemos - )

Porque esta muller , que cumpre os 32 anos, anda por Galicia desde o ano pasado.

Ven desde Estados Unidos.

Traballa para a Hispanic Society of America.

E percorre o noso país, demoradamente : parándose , falando, leendo e traducindo o noso idioma ( é políglota ! ) , preguntando, retratando e gardando - para sempre - a dignidade das nosas xentes...

...

Mollada, pero satisfeita co traballo, a nosa dona vai camiño do hotel.

Xa matina na feira de mañá, en San Fiz de Solovio.

A praza ferverá , chea de xente, no primeiro dia do Ano Santo de 1926.

.....

Boas noites e moitas grazas ! , benquerida

Ruth Matilda Anderson

Antón da Sobreira.

 

Enguedellar-VI ( O roteiro das cerdeiras en flor )

A xente de fusquenlla publicou un fermoso texto onte, día primeiro de abril, que recomendo leer con fruición.

Paga a pena.!.

Eles viaxan a Xapón, o paraíso das cerdeiras e explícannos, con entusiasmo xeneroso, a tradición milenaria do camiño da floración.

De volta a Pontedeume, falan das cerdeiras de Ombre e de Cabría - “onde se conservan os máis vellos exemplares” -

....

Tomo nota para percorrer esa outra parte da miña parroquia natal, na procura desas míticas cerdeiras centenarias.

-hoxe non puiden- .

( Demoreime, desde Freixeiro, na emocionante sinfonia que, milleiros de flores brancas, compoñían , -o primeiro sábado de abril do 2011 -, por padrelo, outeiro, riolongo, penelas, chao, rega, bufarda, bouzalonga, portela....)

.......

Así que xa vou marcar, en vermello , o xoves día dous de xuño (Ascensión ).

Pra daquela, tentarei probar as cereixas de Cabria...

...

Sakura zensen !

 Antón da Sobreira.

Enguedellar-V ( Abruñeiro )

 

Eche boa verdade iso de que o bosque non che deixa ver as árbores. !

( ou era ao revés ? )

O caso é que a min pásame, decote.

Xa volo contei nalgunha ocasión : excitado e impaciente por ollar e extasiarme diante dalgunhas xoias impoñentes ( ginkgos, sobreiras, faias , cerquiños...) ía raudo e nen miraba para outras especies, abondosas, pero moito máis discretas no seu porte.

Por eses azares misteriosos, que nos conectan co descoñecido - pero valioso para o noso espírito -, descubrin o abruñeiro ( prunus spinosa ) cando, hai uns meses , Marilar Aleixandre , plantou un exemplar, na homenaxe que lle fixeron en Santiago.

Vaia, pensei, qué grande Marilar ! .

E chegou o inverno.

E, sen rematar febreiro, diversas árbores empezaron o ciclo marabilloso da floración anual.

Eu tiña asumida , por rutinaria, a presenza dos pexegueiros, das ameixeiras, das cerdeiras..sen nunca pararme a ollar o seu vistoso despertar floral.

Ata este ano que , fose onde fose, brilaban-rechamantes – milleiros de flores brancas en contraste con outras tantas rosáceas, aviñadas, en diferentes árbores, de porte similar.

No Campus, na rúa de Pastoriza, ou polo Ensanche...de súpeto, en calquera beirarrúa, ou praza, ou xardín, chamaba – estourando nunha sinfonía floral - a primavera.

E claro, lembrei as cerdeiras da miña aldea, os pexegueiros da nosa casa familiar, as ameixeiras da infancia...

E foi cando acudín ós libros, novamente.

(Xa vos dixen : canto precisemos para o noso espirito, estará nos libros )

Neles, nesa letra pequena tan valiosa -agora doume conta-, atopei as semellanzas e diferenzas destas arboriñas que florean tan cedo, que se parecen tanto, que cada ano nunca fallan na súa aparición estacional...

Así que, antes de que se vaian definitivamente -ata o vindeiro ano -, deixo escrita a miña admiración, fascinación e devoción por estas especies , tan cercanas e habituais que non apreciamos a súa importancia, fermosura e valía.

Abruñeiro. ( Prunus spinosa )

Cerdeira dos xardíns . ( Prunus pissardii )

Cerdeira do Xapón . (Prunus serrulata )

Cerdeira común . ( Prunus avium )

Guindeira. ( Prunus cerasus )

Pexegueiro. ( Prunus pérsica )

Ameixeira . ( Prunus doméstica )

Amendoeira. ( Prunus dulcis )

........

 Deixo para outra ocasión , o comentario sobre algúns parentes destas especies, que comparten con elas beleza, cercanía e fartura ( marmeleiros, nespereiras ...).

Agora vou mercar un par de litros de anís : Neles, antes do solsticio de verán , poñerei a amolecer 200 gramos de níxaros – dos abruñeiros que agora florecen en Freixeiro-

Poida que, polo outono, haxa un “patxarán” caseiro coma o que se fai en Navarra...!

Xa vos contarei.

Antón da Sobreira.

 

Enguedellar -IV ( música nas pedras )

 

Xa teño nas miñas mans o primoroso programa do VI Festival de Músicas Contemplativas que terá lugar en Compostela do 18 ao 23 de abril deste ano.

Coincidindo cos 800 anos da consagración da Catedral , o Consorcio de Santiago

tira a casa pola ventana e tráenos auténticas xoias da música sacra ( Oratorios e Motetes de J.S.Bach ) , instrumental ( in memoriam Ingmar Bergman), xunto con exotismos sufíes do Azerbaixán , ou derviches de Damasco...

Devezo por atoparme o luns 18 de abril, na igrexa de Santo Agostiño, as 20,30 h. (chegarei unha hora antes : é de balde e moita xente quedará fora ! ).

Vos pensade : Poder gozar deses concertos na pedra milenaria de Santiago ( Santa Clara , Ánimas, San Francisco, San Martiño Pinario, Igrexa da Universidade...)

so está o alcance de poucos elixidos – e eu quero ser un deles - !

Dúas reflexións máis, para rematar :

 

  • Non hai problema para que os mellores - exóticos ou lonxanos- destas músicas, acudan a Santiago. Cando lles falan de Compostela , aceptan encantados !.

 

  • Moi acertada a distribución horaria na ubicación de conventos e igrexas. Evitouse trasnoitar nos edificios relixiosos con comunidade activa.

(Así, qué marabilloso pode ser o concerto sufí na igrexa da Universidade -laica- as once e media da noite , do vernes 22 ! )

......

saúdos contemplativos !

Antón da Sobreira.

Enguedellar- III (Cine )

Morreu Liz Taylor.

Volven recordos en branco e negro .

O millor cine , eu vino na televisión.

Se falamos de Elizabeth Taylor lembro : Little women (1949 ) ; Giant (1956 )   ; Cat on a hot tin roof (1958 ) ;  Suddenly, last summer (1959 ) ; Cleopatra (1963) ; Who`s afraid of Virginia Woolf (1966 ) .... 

  Vaian estes recordos  cos títulos orixinais en inglés. Algo que sempre tivemos vedado.Versións orixinais- forever !-

Filmes grandiosos que, daquela, sementaron en min, un gusto indeleble polo  CINE (maiúsculas ) e crearon esa fascinación mitómana polos seres con talento.

( esa mitificación foi a que me ensinou a bucear nas películas - maís aló da proxección -para saber cousas de actores, actrices, directores, guionistas, música...)

Grande Liz Taylor.

Sempre.

Antón da Sobreira,( tamén cinéfilo )