Blogia

Antón da Sobreira

As miñas árbores (XIII ) Árbores Senlleiras -I -

 

Benqueridos lectores e  veciños:

               Hoxe vou comentarvos  unha iniciativa,  moi importante, que adoptou o goberno galego.

               No Diario Oficial de Galicia  nº 74, do 17 de Abril de 2007, disponse a creación dun  CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS, dependente da Consellería de Medio Ambiente.

              A Dirección Xeral de Conservación da Natureza regula, mediante  Lei, a protección de árbores  excepcionais polas súas características e importancia : idade, tamaño, rareza, historia ; calquera virtude é válida para protexer de riscos e ameazas a moitas árbores galegas, valiosísimas, que están en perigo.

              Remata o decreto con tres anexos:

No anexo I, decláranse 106 árbores senlleiras na nosa Comunidade: desde a “Perona” da nosa Alameda –(1A)- ata as Washingtonias Robustas do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla (106A).

             No Anexo II decláranse 21 formacións senlleiras na nosa Comunidade: desde o “ Buxal da Casa da Botana “  en Arzúa (1F), ata os “Olmos do Xardín de San Carlos “ na Coruña (21 F)

             O Anexo III é un formulario  que se pon a disposición de entidades e cidadáns, para que poidan facer propostas ó Catálogo.

             Naturalmente, para un afeccionado coma min, só procede felicitar a Xunta de Galicia, por tomar semellante acordo.

             Aínda que, pensándoo ben, habería que preguntar:

                   “ E logo, non había nada feito ata o 2007, para protexer as nosas árbores senlleiras ?”

          Pois non, amigos lectores.

               A desidia política , cara a natureza e os temas botánicos, é tan profunda nestes tempos, que centos de especies vexetais singulares estaban en perigo de morte e non había nada feito para coidalas e protexelas.

             ( cantas desaparecerían nos últimos tempos ?? )

Teño sensacións contradictorias:

a)      Menos mal que se fai algo !.

         Este Catálogo paréceme un instrumento importantísimo, para traballar a prol da conservación de tanto patrimonio botánico como temos en Galicia.

Xa que nos abriron a porta para propoñer, suxerir e aportar exemplares senlleiros, debemos esforzarnos todos para que a Xunta non teña descanso, coidando de tantas xoias arbóreas galegas... porque

b)     Pérdese tanto tempo coa lentitude burocrática !

       Sen discutir os criterios de saída , ¿ por qué se catalogan 106 árbores, e non 110 ou 120, etc. ?  - Xa digo, é unha primeira medida, e imos darlle o beneficio da boa vontade –

        O triste, o desalentador é que, ano e medio despois deste avance histórico no eido medioambiental galego, só houbese tres (3) incorporacións  o Catálogo de Árbores Senlleiras: O Carballo de Portacal en Sobrado dos Monxes; o Carballo de Luxís en Castro de Rei, e a formación de Tileiros Prateados do atrio da Igrexa de San Domingos, en Ribadavia....

           Se , en 18 meses, Concellos, Deputacións, Consellerías, Colectivos, Ecoloxistas, Comunidades Veciñais, cidadáns...non fixeron propostas,

¡ malo !

           E se as fixeron, e non foron atendidas

 

¡ moito peor !

 

          E tamén deprime ler, na web institucional

 

http://novas.xunta.es/node/12627

 

que a Consellería de Medio Ambiente “ten previsto sinalizar cunha placa cada un dos exemplares incluídos no Catálogo(..) e completarase cun Manual de Identidade, que servirá para verificar a identificación  e fomentar a súa divulgación...”

           Entendedes agora, o da lentitude burocrática ?

En fin, prezados lectores, agardo poder falarvos - no vindeiro Pichel- dos exemplares compostelás que forman parte do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

          E, mentres, gozade da beleza invernal das nosas árbores:

paga a pena !!.

 

polo San Martiño de 2008

Antón da Sobreira

Eu son....

Quercus suber  ( galego : sobreira ) – (castelán : alcornoque )-

 

En Balboa, parroquia de Arnois, concello de A Estrada, provincia de Pontevedra, atópase o máis antigo exemplar de Sobreira que existe en Galicia.

 

É a Sobreira de Balboa, da cal xa hai constancia no século XVI, reinando os Reis Católicos, como pertencente a casa da Vila dos Hórreos.

 

Pódese ver moi preto da Nacional 525 (Santiago –Ourense ).

 

Malia as múltiples vicisitudes que sufriu – por exemplo, prendéronlle lume para expulsar un enxame de avellas –segue ergueita coa súa copa sempre verde, chea de múltiples,  frondosas e fermosas  polas.

 

 Quen mellor que ela, por tanto, para darlle  nome a esta miña afección botánica ; unha vez que nacer en Ombre –nas portas das Fragas do Eume – puxese o meu carón, a semente vexetal desta vella teima: valorar, coñecer e desfrutar dun  valioso patrimonio natural : as nosas  árbores.

 

Antón da Sobreira , 2008

...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía: Árboles monumentales en el patrimonio cultural de Galicia ( 2 vol.) Carlos Rodríguez Dacal – Jesús Izco Sevillano.Consellería de Cultura. Xunta de Galicia. 2003

As árbores senlleiras de Santiago e bisbarra

Santiago La Voz de Galicia

Biodiversidad Santiago aporta 21 especies al catálogo de árboles nobles

Camelios, gingkos biloba, magnolias y eucaliptos figuran en el listado de Medio Ambiente

Autor: L. V. Fecha 8/9/2008

La comarca de Santiago aporta 26 especies singulares al catálogo de Árbores Senlleiras, elaborado por la Consellería de Medio Ambiente, que aprobó en marzo del 2007, un decreto que recoge las especies necesitadas de especiales medidas de protección, a tenor de sus valores naturales, culturales, científicos o paisajísticos.

El catálogo recoge 108 especies y 22 formaciones arbóreas, que pueden contar con planes de gestión, encaminados a su conservación o mejora. El Paseo da Ferradura, los eucaliptos de este mismo escenario, el gingko biloba del Paseo de Fonseca o el tilo plateado de la Alameda compostelana forman parte de este rol de árboles excepcionales, al que se suman los quercus robur de la Carballeira de San Lourenzo.

Desde la apertura del calendario para la inclusión de nuevas especies -cualquier ciudadano o institución puede proponer la defensa de un árbol o formación singular- se han presentado un centenar de propuestas, que pasan por el Comité de Árbores Senlleiras, que es el que determina si cumplen los requisitos.

El entorno de Santiago tampoco está huérfano de especies interesantes. Las camelias y el boj del Pazo de Santa Cruz (Vedra), la camelia pantalóns del Pazo de Lens (Ames), la figueira de Rosalía (Padrón) o el roble de jardín artístico de esta localidad engrosan el sugerente catálogo, junto con palmeras del Senegal y plátanos de Filipinas, entre los que se incluyen los del Paseo do Espolón de la villa padronesa.

Compostela, Vedra y Padrón son los concellos de la comarca que más ejemplares aportan dignos de protección, desde el punto de vista de la conservación de la biodiversidad.

El tamaño, edad, significación histórica, rareza o belleza cuentan a la hora de conceder protección a un árbol. «O decreto pretende establecer o réxime xurídico básico para árbores que se inclúan en dito catálogo, coa finalidade de protexelas de posibles riscos e ameazas, garantindo así a súa conservación», aseguran fuentes del departamento de Medio Ambiente del Gobierno gallego.

Ayudas a los propietarios

La Xunta ha decidido proteger este legado natural. La inclusión en el Catálogo Galego de Árbores Senlleiras implica la prohibición de cualquier actuación que pueda afectar a su integridad, apariencia o salud. La protección no solo será para el ejemplar sino para su entorno inmediato.

Los dueños, en caso de que las especies se encuentren en propiedades privadas, recibirán ayudas oficiales para mantenerlas en perfecto estado. Todos los proyectos que puedan amenazar los valores del árbol o formaciones catalogadas necesitarán autorización administrativa previa de la Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Las personas que crean que hay árboles merecedores de protección no incluidos en el catálogo deberán rellenar una solicitud y asegurarse de que el ejemplar reúne un grosor especial, o bien es muy escaso o único en la comarca o presenta, desde el punto de vista estético, un porte espectacular. Los criterios históricos, si se encuentran en unos jardines que reúnan esta condición, o el hecho de que hayan arraigado en un paraje singular también subirán la nota para poder entrar en el catálogo.

En la comunidad autónoma la variedad arbórea se encuentra concentrada en espacios tan singulares como el jardín botánico de A Pinguela (Monforte), el parque-jardín botánico de Caldas de Reis, los jardines San Carlos de A Coruña, el Arboreto de Lourizán, el botánico de da Ría do Burgo y el de la Universidade de Santiago, en fase de ejecución y todavía no abierto al público, emplazado en las afueras de la ciudad, junto a la autovía, en dirección a A Coruña. Este último alberga colecciones de plantas atlánticas, mediterráneas, medicinales y especies exclusivas de Galicia.

50 xacarandás ( As miñas árbores XII )

As miñas árbores  (XII )

 

“Cincuenta xacarandás”

             Por Antón da Sobreira

 

Benqueridos lectores e  veciños:

               Tédesme preguntado como xorden os temas dos que falo e de onde tiro a información das árbores.

         A cousa é moi sinxela.

         Dada a miña idade, dispoño de moito tempo libre que trato de encher- entre outras actividades-  percorrendo a cidade, sen maiores pretensións.

         Iso foi o que me pasou, un domingo calquera de novembro, cando aparecín no camiño da Ameixaga.

         Eu ía medio perdido polo inmenso parque de Belvís – baixei polo calexón das Trompas-  observando o efecto outonal nos loureiros, castiñeiros e nogueiras que alí se atopan.

         Logo dun emparrado de glicinias- aínda cheas de follas- atopei o Camiño da Ameixaga  que desde Quiroga Palacios, lévanos a Avenida de Lugo. Non fun cara o Seminario Menor, senón que baixei cara a Sar.

          E alí, a miña esquerda segundo baixaba, atopei os cincuenta xacarandás. (jacarandá mimosifolia” ).

          Están distribuídos en tres xardíns, correspondentes a catro bloques de vivendas. No primeiro, máis grande, contei trinta e un exemplares. Nos outros dous, hai doce e nove exemplares, respectivamente.

        Quedei abraiado, e matinei a quen lle podería atribuír o bo gusto de inzar unha nova urbanización, cunha árbore totalmente exótica, de esplendorosa beleza, pero de difícil adaptación a Galicia...

       Sería o arquitecto, autor do proxecto inmobiliario ?.

       Serían os presidentes de comunidade, autorizados polos residentes ?

         Non sei, a dúbida e o misterio dos cincuenta xacarandás da Ameixaga, aínda fan máis pracenteira a súa contemplación: en Compostela, lonxe do seu habita natural do continente sudamericano ( é nativo de Brasil, Bolivia, noroeste arxentino ).

       Son árbores de porte esvelto, follas compostas e opostas, moi semellantes ás dos nosos fieitos e, aínda máis, ás da Albizia (“albizia julibrissin”) da que podedes ver uns cantos exemplares na Porta do Camiño.

         O xacarandá florece na primavera cunhas belísimas flores violeta, que van facendo acios espesos e campaniformes, namentres van aparecendo as follas verdes pouquiño a pouco, para chegar a unha conxunción espectacular en pleno verán: o contraste,  en  árbore tan elegante, desas dúas cores, é pura maxia estética.

          A persoa que ideou a súa plantación, coñéceos ben: sabe que non soportan as xeadas nin os fríos galegos, e así orientounos cara o leste, para que o Sol lles dea esa calor que tanto precisan e poidan medrar sen problema ( case todos superan os dous metros).

          Se ides pola Ameixaga nesta época, podedes ver como algúns teñen xa o froito: unhas casulas verdes e chatas co borde ondulado, que se abrirán o madurar para ceibar as pequenas e abondosas sementes, aló polo febreiro...

          E se queredes saber máis sobre esta árbore tan fermosa,  aquí vos deixo un par de libros que teñen fotos e información moi completa: chegáronme de xente querida que vive na “quinta provincia”, e non sei se están publicados en España:

 

- 100 árboles argentinos: Eduardo Haene – Gustavo Aparicio. Editorial Albatros. Buenos Aires. 2001

- El Nuevo Libro del Árbol.Tomo I. Editorial el Ateneo. Buenos Aires. 2000

 

       Remato a segunda cuestión, relativa as miñas fontes de información, citando e recomendando vivamente, un par de libros que sempre me acompañan:

 

-Guía das árbores de Galicia. Marisa Castro-Luis Freire-Antonio Prunell.

  Ed. Xerais. Vigo . 1990

-A Alameda, xardín pacego. S.Ortíz- J.Izco- J.Rodriguez. Parques e Xardíns. Concello de Santiago. Santiago. 1986

 

       E cando estou acabando de escribir estas letras, chégame -aínda quentiño-:

 

-Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia : Marisa Castro- Antonio Prunell-Jaime B.Blanco-Dios. Colección Natureza. Xerais. Vigo. 2007.

      En Compostela, no mes de  San Martiño, 2007

Antón da Sobreira

As miñas árbores (XI) - “A meniña dos meus ollos...”

É a Alameda de Santiago, naturalmente.

Neste xardín pacego, aprendín os rudimentos da botánica.

Sempre conto a mesma historia cando me preguntan desta miña afección polas árbores.

Cando descubría unha nova especie nos libros, nas falas da xente, corría a comprobala na Alameda: era o que me quedaba máis a man.

Ía preocupado, pensando que pasaría se non estaba no sitio indicado.

Camiñaba coa ilusión do primeiro descubrimento ; da primeira revelación...

¡Non sabedes qué gozo supón ollar o soñado !

E o noso Parque, nunca me fallaba: sempre estaba alí, ensinándome e mostrándome a beleza primixenia das miñas árbores...

Eu chegaba, sen alento, tratando de atopar os ginkgos – eses fósiles viventes cada vez máis valiosos para o home-  e alí estaba, o pé da fonte de mármore branca, unha parella noviña, coas súas follas en forma de abano, con dous lóbulos (biloba),  naquel verán cheo de maxia e feitizo...

Hoxe, na hora de compartir e de tratar de animarvos a disfroitar  da enorme riqueza do xardín máis clásico de Galicia, acudo aos dous recursos que – como simple humano, curioso polo que me rodea- foron os que me descubriron o inmenso tesouro botánico que temos en Compostela.

 

I.- O pracer do exótico: “Eugenia Apiculata” -arraián de Chile-

Saber que, de terras lonxanas, hai só un único exemplar;  unha peza fermosa,  endémica dos Andes chileno/arxentinos  - ¡nada menos! -  onde forma pequenos bosques.

Tedes que velo.

Rube vizoso cara ó ceo - entre dous carballos- na zona en que Galicia honra a  País Lapido, o pai da Exposición Rexional de 1909.

Buscádeo.

Paga a pena.

Pórtase coma un arbusto, pero medra como unha árbore.

Destaca polo seu toro, dunha cor pardo- canela, preciosa !

E as súas folliñas verdes , en forma de pico (“apiculata”), perennes...

qué fermosura !.

Olládeo !

E logo, se queredes, procurar:

a) Por qué os europeos lle chamaron Eugenia ?

b) Por qué lle chaman  Luma, en América ?

c) ten parentes famosos  ?

d) ten irmáns na nosa cidade ?

Se así  o facedes,  xorden historias entrelazadas,fantásticas; a casa de Saboya; os indios mapuches; o cravo ( a ruta das especias...Marco Polo)

Hai tantos fíos dos que tirar...!

Pero resúmovos:

Na nosa Alameda hai un exemplar de “Eugenia apiculata”.

Recibe ese nome polo príncipe  “Eugenio de Saboya”

(-por favor, ¡ que o corrector lingüistico non traduza ao galego estes nomes-! )

É un arbusto de folla perenne, semellante o mirto.

Veu de América.

Só hai outro en Xoán XXIII, o pé da Costa Vella.

 

II.- A grandeza do noso: “quercus pyrenaica” (cerquiño, carballo negral, veriño, caxigo, rebolo )

Teño localizado un cerquiño na Alameda.

Está no paseo dos leóns.

É algo curioso ( sendo benevolente no uso do idioma )

Se entrades comigo, contade  ata oito árbores nos parterres da dereita.

(eses que ollan cara a cidade vella)

A árbore que inaugura o cuarto parterre é un carballo negral.

Cerquiño é o nome máis habitual en Galicia,  dunha variedade de carballo, endémica de Europa.

Foi bautizado como “quercus pyrenaica” pola súa abundancia no sueste de Francia.

É abundante en todo o norte de España; máis –curiosamente- non se da  nos Pirineos, que lle prestan o seu nome...

O rebolo é unha xoia: segundo nos contan no  libro “ A Alameda, xardín pacego”- (Concello de Santiago- Medio Ambiente, Parques e Xardíns 1986) -  os profesores Ortiz, Izco e Oubiña-,  ten unha  virtude ecolóxica de incalculable valor: abrolla facilmente, facendo un veludo marabilloso que repara as feridas sobre a cuberta vexetal, evita a erosión do chan e regula o réxime hídrico local..

Como recoñecelo ?

É doado.

Cando vexades –como agora- toda a carballeira de Santa Susana florecida e agromando as follas, o noso cerquiño ven máis atrasado: está espido.

Logo, aló por xullo, se ollades as follas de ámbolos dous, o noso rebolo tenas cheas de peliños que o protexen das altas temperaturas do verán, e que lle dan unha cor cincenta.

Son máis rechamantes; teñen os lóbulos moi pronunciados (nada que ver coas do carballo: unhas  curvas a penas insinuadas ).

Faleivos da benevolencia do idioma para marcar o único exemplar de veriño

Ide e ollade:  ë o carballo de toro máis groso.

Da cortiza máis negra.

Das polas máis esveltas...

E nembargantes, tórcese, humilde, cara a súa esquerda, para que Don Ramón María del Valle Inclán – felizmente sentado cara ao leste-  goce, eternamente, da vista senlleira da nosa Catedral...

 

Antón da Sobreira
Abril - 2007

 

A NOSA FLOR NACIONAL (Remate)

A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non din sabido de que familia era
se é que a tiña
o toxo que douraba os montes de Galicia
(Manuel Rivas.
Fonema /fragmento/. Costa da Morte blues)

No anterior Pichel (Xuño, 2006, nº8) falábavos das condicións necesarias, ó meu ver, para poder elixir a flor nacional de Galicia co maior consenso e acordo entre tódolos sectores da poboación galega.

Así que, hoxe, para rematar o tema, e atendendo gustoso a curiosidade dalgúns lectores e veciños, farei a miña proposta.

Unha proposta baseada nunha evidencia e nunha intuición –como non podía ser menos, cando falamos de cousas etéreas e intanxibles, como son os sentimentos-.

A evidencia é que a segunda cor de Galicia é o amarelo.

Naturalmente, a primeira é o verde.

Identificamos Galicia coa tupida alfombra do verde. I é certo.

Curiosamente o verde é  das árbores e dos vexetais en xeral; pois ben, o amarelo é a cor das flores máis abondosas, e para min, máis representativas.

Fixádevos senón: entre a primavera e o verán, toda Galicia é un atractivo veludo amarelo:  toxos,  xestas,  mimosas, castiñeiros, nabos,.. compiten nunha rechamante escala de amarelos, a cal máis fermoso.

Establecida a evidencia da cor, compre falar da intuición.

A intuición forma parte da nosa formación como persoas.

Parafraseando a Afonso Eiré, que escribiu “Eu tamén fun cas vacas”, eu tamén fun o estrume.

No monte, cargando carros de mulime, atopei a flor do toxo.

Medrei na súa compaña.

Sempre estaba alí.Dura e tenra. Verde e amarela.

O toxo - ulex europaeus-  servía para todo: facer esterco, alimentar o gando en invernos longos e duros ( o toxo manso ripábase, para picalo e convertelo nunha comida moi completa para os animais, mesturado con herba -verde ou seca-.)

Permitídeme por tanto que, a esa miña intuición íntima - de que a flor do toxo é a nosa flor nacional galega-  vos aporte cinco (seguro que hai máis) razóns obxectivas para o seu nomeamento:

1ª.- Autóctona.

O toxo forma parte da singularidade de Galicia.

Dende tempos inmemoriais acompaña a familia galega.

Se hai unha trinidade animal que  nos distingue como pobo (vaca, porco, galiña), existe unha tríada vexetal consustancial ó noso ser: castiñeiro, centeo, toxo.

 

2ª.-Estacional.

A existencia de tres tipos de toxo: toxo duro, toxo femia, toxo manso, que se van alternando na súa floración, permite que a flor do toxo estea presente durante todo o ano na xeografía galega.

Un milagre do  que moi poucas plantas poden presumir.

 

3ª.- Calidade.

Como se di nos prospectos dos medicamentos, a flor do toxo, non ten contraindicacións. Ben ó contrario; amén das clásicas aplicacións médicas- fervida en auga-, con ela faise un licor gorentoso que cumpre os requisitos mais esixentes de calquer sibarita.

 

4.-Estética.

A singular beleza da flor do toxo ven dada polo contraste entre o verde profundo das espiñas e o amarelo dourado dos pétalos, tenaces superviventes durante todo o ano.

Hai algunha flor que teña tanto mérito ?

 

5.-Idioma.

Outra singularidade.

A flor do toxo ten nome.

Chorima. Unha verba única, cálida e chamativa.

Pensade: cantas flores (arbóreas) teñen nome propio ?.

Moi poucas, e si se vos ocorre algunha, tamén é amarela!!.

(neste intre, eu só lembro a recandea, flor do castiñeiro...)

 

En fin, benqueridos amigos, eiquí vos deixo a miña flor nacional galega.

 
O seu nome é chorima. 
A súa planta é o toxo.

E témola, afortunadamente, todo o ano adornando a nosa terra.

Que non morra nunca !

 

Antón da Sobreira
Compostela, Outono 2006

 
 

 

A NOSA FLOR NACIONAL (Primeira parte)

Os amigos da Asociación de Veciños Raigame tiveron a deferencia de habilitar un recuncho na súa páxina web (www.raigame.com ) para estas  divagacións sobre as miñas árbores.

E foi así que tiven noticias alentadoras relativas  a  última colaboración, cando vos contaba a emoción que sentía o ver o agarimo con que os nosos irmáns latinoamericanos agasallaban as árbores, mesmo nomeando cada país, a súa flor nacional...

Houbo varias mensaxes, que agradezo moito, nas que, amén de compartir a ledicia por eses pequenos detalles de honrar unha flor, aproveitaban para contestar  a miña pregunta retórica de se pode haber, algún día, unha flor nacional de Galicia.

E case todos  botáronse a nomear cadansúa candidata.

De xeito que, gracias a ese invento tan moderno que se chama internet,  puiden coñecer esa enerxía positiva da nosa xente; como aínda hai persoas que se implican en cousas- que poden semellar miúdas ou pouco importantes- pero que son unha mostra de que,  en tempos coma estes, tan feroces co mundo vexetal, non está todo perdido.

Por tanto, benqueridos lectores e veciños, abordarei neste artigo un par de cuestións, digamos previas, para poder nomear a nosa flor coas debidas garantías de consenso.

En primeiro lugar compre establecer unhas bases de traballo; unhas regras de xogo que nos permitan acadar a maior fiabilidade posíbel na elección.

Coido que todos estamos dacordo en que a cousa non consiste en ollar arredor noso, e dicir: “pois a min gústame a azalea”; “eu prefiro os xasmíns.”,  “o rododendro sí que é bonito”, etc., etc.

A flor nacional de Galicia ten que ter unha dignidade, uns alicerces solidamente construídos e temos que ser nós (o pobo) quén llos facilitemos.

Así que, antes de nada, habería que consensuar unha Comisión científica-técnica-cultural(formada, por exemplo, con expertos de Botánica das nosas Universidades e das Consellerías de Medio Ambiente e Montes ).

Esta Comisión sería a encargada de facilitarnos unha listaxe de árbores, arbustos e plantas que entrarían na elección.

Deberían explicarnos os criterios básicos da selección ou da exclusión.

Outro exemplo: Non entrarían na selección as plantas, árbores ou arbustos, alóctonos ou invasores; fixando un criterio cronolóxico do que se entende por autóctono ou alóctono.

Non entrarían tampouco, na selección, aquelas plantas ou variedades obtidas en Laboratorio, como se da en moitos casos de plantas de xardín, de cores rechamantes e fermosos de seu...

En fin, definidos os criterios, chegaríamos a unha listaxe de candidatas que incluso se podería agrupar nesas tres especies que falamos:

a) flores de árbores
b) flores de arbustos
c) flores  de xardín

O segundo e derradeiro punto, importante o meu ver, na elección da nosa Flor, é determinar os electores e o método de votación.

Se buscamos as máximas garantías para que a flor electa sexa realmente representativa de Galicia, debemos artellar  un corpo electoral amplo e seguro.

E por suposto, nel debe entrar o maior número posíbel de persoas, os nenos e xoves de escolas, institutos e universidades, en primeiro lugar.

Habería que potenciar as votacións por sectores, zonas, profesións ou actividades, de xeito que, como xa se fai para elixir algúns libros, súmanse as porcentaxes de cada segmento e esa suma é a que nos da a flor gañadora.

Quedaría un corpo electoral parecido a este exemplo:

-       Rapaces de: Colexios, Institutos, Universidade: 25%
-       Colectivos cidadáns,asociacións varias : 25%
-       Expertos (botánicos, viveiros e similar): 25%
-       Votantes de Internet (identificados):25%

Son ideas e suxestións que se poden mellorar e perfeccionar.

Xa digo, non temos presa; e a nosa flor meréceo !!

Así que, polo de hoxe, máis nada.

Na segunda parte espero falarvos das vosas candidatas e das miñas preferidas.

Ata entón, unha boa primavera para todos!

 

Antón da Sobreira
Compostela, Xuño 2006 – Publicado no Pichel nº8 (xuño-06)


 

Un registro informatizado recogerá datos e historia de todos los árboles

Reproducimos aqui el siguiente articulo Publicado en el Correo Gallego en fecha 10/11/2004
Enlace web: http://www.elcorreogallego.com/periodico/20041110/Santiago/N285429.asp

Un registro informatizado recogerá datos e historia de todos los árboles
 
SANDRA CUIÑASANTIAGO

 
La Concejalía de Parques y Jardines del Ayuntamiento de Santiago quiere presentar en un plazo breve una novedosa iniciativa: un registro informatizado en el que figurarán las más de doscientas especies de árboles y plantas que existen en la actualidad en la capital gallega, según confirmó ayer a este periódico Marta Álvarez-Santuallano, edil responsable de este departamento.

Así, mediante este inventario los ciudadanos podrán conocer las características de todos y cada uno de los ejemplares plantados en Compostela. Datos como la ubicación, especie, antigüedad, origen e historia se podrán consultar en este registro informatizado. Además, este departamento última los detalles de otro registro informatizado en el que aparecerán todas las zonas verdes y el número de árboles existentes en la ciudad —tanto los que están en parques como los plantados en calles— y que se podrá consultar a finales de este mes cuando se inaugure el centro de interpretación de Parques y Jardines instalado en una de las casetas de la Alameda.

Gracias a estos dos registros los compostelanos podrán saber, entre otras curiosidades, que los árboles más antiguos del municipio son los robles de la Carballeira de San Lourenzo, o que en el mismo paseo de las palmeras existe un abeto, conocido con el nombre del abeto de Eva Perón, porque se plantó en honor de la que fuera primera dama de Argentina en 1947 con motivo de su visita a Santiago. En Compostela abundarán sobre todo las especies autóctonas como abedules, robles, magnolios, camelias y azaleas, aunque según reconoce José Antonio Mosquera, técnico del departamento de Parques y Jardínes, también hay otros ejemplares que en su día fueron considerados exóticos, pero que ahora son más comunes. Éste es el caso de una eritrina ubicada en la Alameda, ya que su antecesora, que fue arrancada por el vendaval Hortensia, era la única, junto con otra plantada en Caldas de Reis, que existía en Galicia.

Reportajes y folletos
 
Una persona será la encargada de manejar el registro informático en el centro de interpretación de Parques y Jardines. Además, también se emitirán reportajes explicativos en una pantalla instalada en la caseta, se repartirán folletos y se realizarán rutas urbanas dirigidas a asociaciones y colectivos de la tercera edad.
 
Dar a conocer las áreas recreativas

El centro de interpretación nace para dar a conocer a los ciudadanos y visitantes otros parques y áreas recreativas, además de la Alameda. Por eso no es una iniciativa dirigida a los colegios, sino que se centra en colectivos de mayor edad. La Granxa do Xesto o el Eugenio Granell son algunas de las alternativas que proponen.
 
Largo proceso de recopilación
 
Durante dos años el departamento de parques y jardines ha estado trabajando para lograr registrar todos las zonas verdes y los árboles de la ciudad. En un tiempo breve de tiempo también se contará con un inventario informatizado de las especies que están plantadas en Compostela.