Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2010.

Chove no meu corazón

Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
Dor da mau encallecida,
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que están aldraxados.
Mágoa da ferida allea.
Dor dos que están na cadea,
dos que sofren a inxustiza
e viven baixo a cobiza.
Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
No meu peito, sulagado,
soturno, fondo, calado,
un río de amor se move.
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.

 
              Celso Emilio Ferreiro
15/05/2010 22:29 Antón da Sobreira Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras

Contrato Coloriuris