Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2011.
A Feira

A Feira
A Feira ( chamada oficialmente Mercado Nacional de Gando de Santiago ) forma parte do patrimonio inmaterial da capital de Galicia pola súa historia, tradición e arraigamento.
Xa en tempos de Xelmírez - século XII - aparece unha certa regulación que sanciona a compra de gando a ladróns, xentes descoñecidas, etc..
Desde o século XVIII, celébrase tódolos xoves na carballeira de Santa Susana, aumentando a súa importancia a medida que pasan os anos.
É comprensible : Galicia é ( era ) unha terra basicamente agrícola e gandeira.
E Santiago era o centro deste mundo rural.
A Feira sempre tivo moita sona pola abundancia e variedade de gando ( vacuno, porcino, cabalar...), pola diversidade de xentes e comercios ( había negocios varios relacionados con todo o do agro ), pola seriedade dos tratos ( o acordado, cumpríase sempre )
Foi no 1971, cando a súa magnitude deixou pequena , incómoda e mesmo insana para tanto animal, á Carballeira.
En Salgueiriños estreáronse unhas instalacións acordes cos novos tempos, pensando no gando e tamén nas persoas.
E foi alí, no 1978, cando a Feira acadou o seu máximo esplendor: Mercado Nacional de Gando; denominación que aínda conserva e que siñifica ser un dos nove mercados de referencia en España -tendo en conta que en Galicia hai tres -!
Tanto éxito fixo que se cambiase a data da Feira.
O inmemorial xoves, pasou a mércores, para facilitar o transporte do gando a sitios fora de Galicia (Aragón, Cataluña, incluso Portugal ou Francia).
Coa entrada en Europa, houbo -nas medras – que adaptarse e acollerse as súas axudas.
No 1998 inaugurouse o recinto de Amio pagado, nun 40%, con fondos europeos...
Europa estaba convencida da valía da Feira : era unha marca consolidada, positiva, atractiva : dicir Feira - mercado de gando !- era calidade no territorio español...
E as cifras, confirmábano ano tras ano...
Malia a crise que afecta ao sector nos últimos tempos , os datos do pasado 2010 ( tomados das estatísticas públicas e oficiais ) seguen sendo positivos, chamativos e optimistas :
- Volume económico, en Santiago: 49.300.000 euros
- Torrelavega: 46.400.000 euros (E non digamos os dous mercados galegos : 18.200.000 euros Silleda; 7.700.000 euros Castro de Ribeiras do Lea)
- Taxas Concello (por cabezas de gando e coches , cada mércores ) : 125.000 euros/ano.
- Actividades complementarias : hostalería, transporte, productos agricolas... : 500.000 euros / ano, aproximadamente...
Vaia!
Empecei platicando sobre o patrimonio inmaterial , e acabei falando de cartos! , o discurso habitual hoxendía -lamentablemente-
e aínda así...
...servirá de algo ?
Ter, na capital de Galicia, un patrimonio inmaterial que segue sendo rendíble economicamente no 2011, non é dabondo.
A Xunta de Galicia quere levar a Feira, para Silleda
E o Concello de Santiago, colabora.
Que se pode facer , para evitar esta desfeita?
Decálogo

I
Prólogo
En 1967, os británicos Procul Harum acadaron un éxito mundial coa súa canción “A Whiter Shade of pale” ( traducida ó castelán “ con su blanca palidez ” ).
Venderon millóns de copias e , aínda hoxe, é unha canción de culto.
Foi , naquela época, un tema de rock progresivo no que destaca un pegadizo solo de órgano.
En realidade, a canción é un plaxio da “Aria sobre a cuarta corda” de Johann Sebastian Bach ( 1685-1750 ).
O triste é que, corenta anos despois, dous membros da banda litigaron polos “royalties” da canción ( o teclista demandou ó vocalista, pedindo a metade dos ingresos ).
Grazas o traballo de Eric Siblin
souben da (intra ) historia , dunha das miñas cancións favoritas.
Así que, entusiasmado co pracer dunha das máis valiosas lecturas da miña vida, déixovos as mellores virtudes do libro ( non lle atopei defectos ! )
II
Decálogo
I.- Sorprendente.
Non é ensaio, nin novela, nin biografía, nin tratado musical, nin libro de memorias, nin de viaxes...pero ten todo iso, e máis !
II.- Ameno.
Cunha redacción atractiva, mesturando a cronoloxía sabiamente, faísenos grato, entretido, agradable.
III.- Engaiolante.
Desde a primeira páxina, cando nos conta a idea primixenia da obra ( no 2000 - en Toronto - Canadá ) ata o remate, páxina 320...o libro é unha excitante intriga -tecida en tres fíos conductores - na que sempre imos avanzando e sabendo máis.
IV.- Erudito.
É unha “pasada” !. O autor coñece, sabe, viaxa, descubre, cultívase...
( asómbranos ! )
V.- Emocionante.
O libro é unha aproximación – e unha homenaxe- a dous músicos excepcionais :
Johann Sebastian Bach (1685-1750 ) e Pau Casals ( 1876 -1973 )
E o que nos transmite sempre é : cercanía, admiración, cariño, respeto , emoción...
VI.- Divertido.
Un humor anglosaxón , cínico , elegante, sarcástico...
Moi graciosas as secuencias no retiro das Lauréntidas canadenses, acedo o relato das versións bachianas contemporáneas..
VII.- Profundo.
Despois da lectura diaria, cando pechamos o libro, paramos, pensamos, reflexionamos...O autor sabe transmitirnos inquedanzas pola historia, pola música, polas persoas, pola vida...
VIII.- Orixinal.
Desde a primeira páxina quedamos prendados do narrador.
Adiviñamos unha persoa xoven / foi critico musical de musica pop na Gazette - e non soporta a U2- !/
E ficamos abraiados cando se inscribe nos Coros de Bach, ou cando é quén de tocar o violonchelo, ou cando toma un café con Walter Joachim, transmitíndonos a súa emoción por falar cun grande da música, que coñeceu e tocou con Casals
IX.- Deslumbrante.
É tan accesible, que nos facilita as cousas.
Hai uns coñecementos teóricos da música, que enchen e completan a nosa formación. Agora sei o que é a armonía ; coñezo a definición exacta dunha melodía ; identifico un arpegio dentro duns acordes...unha valiosa axuda para disfrutar mellor da máis excelsa creación humana: a música !
X.- Riguroso.
O libro remata cunha elegancia exacta, precisa, concreta , de consultas, citas, bibliografia, agradecementos...un traballo sólido, impecable, perfecto !.
III
Epílogo
Case tódolos críticos recomendan escoitar a gravación de Pau Casals das Seis Suites para Violonchelo, namentras leemos o libro.
É lóxico: Eric Siblin organiza a obra, seguindo a estructura de cada peza :
preludio, alemanda,courante, zarabanda, minueto, giga, e contándonos as sensacións - de cada unha delas - en cada Suite ( impagable ! ).
Pero non vos precipitedes...!
Recoméndovos leer o libro, escoller algunhas das gravacións que se citan, e logo escoitar demoradamente...
paga a pena !.
No entanto, eiquí está Bach, no século XXI
”Las suites para violonchelo”. ( En busca de Pau Casals, J.S.Bach y una obra maestra ). Eric Siblin. Traducción de Julio Fajardo.Turner Música. Madrid. Mayo 2011




