Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2011.
Outubro, 1
San Remixio ( c.457 -533 ) , o santo do día, foi arcebispo de Reims.
Bautizou e confirmou ó rei dos francos , Clodoveo ; por iso , nas tres parroquias galegas das que é titular, viste de pontifical co palio (bispo ) e un vaso cos santos óleos nunha man, ou unha lampadiña...
En italiano dise Remigio, coma en español.
Como tanta outras cousas que nos afectan na vida, foi o azar quen me levou a esa xoia bibliográfica que é o
Diccionario dos nomes galegos, dirixido por Xesús Ferro Ruibal, e publicado por Ir Indo Edicións. Avda. da Florida, 30. 36210 Vigo. 1992
e do cal tomei a información coa que encabezo a páxina.
Azares, causalidades, cousas varias -diarias- que dan para escribir catro letras....
De volta, novamente, tentarei manter unha páxina, propia, pero aberta ...
falar por falar, comentar, opinar, cuns poucos caracteres informáticos.
facer un balance da xornada, cando remata...
( ou voltar atrás, ou pescudar no antergo, ou prantar unha árbore....)
.....
Ata mañá.
C A R L S E N
Temos un noruego moi bó no Xadrez.
É o número 1 do rankin mundial.
Chámase Magnus Carlsen, e naceu o día de San Andrés de 1990.
Antes de cumprir 14 anos , obtivo o título de Grande Mestre.
( Récord de precocidade axedrecistica !)
Con 19 anos foi o primeiro xogador do mundo en acadar os 2800 puntos Elo.
( o número 100 da clasificación mundial , agora, ten 2618 ).
Hoxendia , ao 30 de setembro de 2011, ten 2823 puntos Elo
( nunca ninguén de 20 anos, tivo unha puntuación tan alta )
......
E, nestas, chega Vallejo e gánalle, agora, na copa Grand Slam ( buscade na rede: hai dúas sedes: Sao Paulo e Bilbao .. )
Vallejo ten 2716 puntos Elo, e naceu en Menorca o 21-08-1982.
É o primeiro xogador español da lista. ( nº 28 )
Nos anos 90, eu vin-no xogar en Santiago.
(mañáns de sábados, en colexios maiores, loitando coa rutina dunha competición amateur... Coa beleza limpa da afección e a xenerosidade , dos poucos seguidores axedrecísticos )
Síntome afortunado...
sei quén é Paco Vallejo !
Longa vida ao Xadrez !
Battisti
A música italiana ten moito predicamento en España.
Os italianos posúen un talento especial para a música en xeral - os cumes operísticos son italianos - , e para a música moderna ( “pop”) en particular.
Se, ademáis, van diante de nós nos medios de gravación, producción, difusión, imaxe, publicidade, etc.. é evidente que a música italiana é unha das nosas favoritas.
.....Eu lembrarei, eternamente, o meu entusiasmo cando chegaba o “Rei Brigo” de Betanzos, e atopaba ós Samar,s versionando impecablemente a Mina , coas míticas
“amor mío”, ou “non credere”..
e ós Senadores , cando “bordaban” “il mondo” de Jimmy Fontana...
......
Na radio, básicamente ; nalgún single acadado con moito esforzo ; nalgún programa estelar de TVE dos sábados... ían aparecendo cancións impactantes, coa imaxe daqueles italianos novos, modernos, inspirados.... . Fausto Leali, Richard Cocciante.........
En Compostela, no “Juventud”, gastei o meu primeiro peso – 5 pta. -, na máquina de música.
Podías marcar dúas cancións....
( non lembro a segunda.)
Sei que a primeira , indeleble, foi :
“Il mio canto libero “.
(Lucio Battisti )
....
Coda :
Sempre lembro a García Márquez : “Vivir para contarlo”.....
Endexamais imaxinei que , no século XXI , podería buscar historias, letras, traduccións, etc...na “rede”....
( imaxinade a miña felicidade coñecendo letras italianas orixinais...! )
“In un mondo che
non ci vuole più
il mio canto libero sei tu”
..
Llamazares ( I )
.. Julio, claro !
Tes unha sensación de plenitude, de equilibrio total no teu espíritu , cando les a Julio Llamazares ( Vegamián - León, 1955 ).
E ademáis, cumpre tódolos cánones para figurar nos altares dos mitómanos irredentos coma min.
Así que entenderedes o meu uso das “causalidades” ( Non hai casualidades ! )
Hai unha causa : Julio Llamazares é moi bó escribindo. ( E gústame )
Hai un efecto : buscas libros seus para darlle pulo a eses praceres , e ocorre -sen ti pensalo - que podes falar co escritor , e pedirlle unha sinatura .... e sentir a complicidade do círculo pechado !
Eis as causalidades !
.....
Las Rosas de Piedra. Ed. Alfaguara. Madrid. 2008 é unha xoia - poética - que “devorei” con fruición , pois contén os ingredentes básicos que conforman o atractivo literario de calquera libro que queira atraparte :
recursos, percorrido, intriga ....
( nun libro de viaxes ! )
O autor usa maxistralmente eses tres elementos para engaiolarnos coa súa peripecia : Viaxar por toda España , para visitar tódalas catedrais.
“75 exactamente, sin contar las que lo fueron , pero dejaron de serlo en algún momento. Ateniéndome estrictamente al criterio eclesiástico, que define como Catedral a la Iglesia en la que tiene su Cátedra el Obispo.” ( pax. 15. Preámbulo )
E así atopamos a un viaxeiro cercano -conduce o seu coche, cun plan determinado-.
confidencial - fálanos dos seus proxectos e obxectivos - que nos vai contando minuciosamente - ( a súa viaxe polas catedrais de España, e polos pobos que as albergan )
combativo ( asómbrase – e critica -, a desidia e abandono dun patrimonio excepcional )
.....
Sempre me asalta a dúbida , a hora de falarvos das miñas devocións...
¿ Debo destripar , e facilitar as cousas que me gustan , para achegarvos tesouros valiosos...
ou ser máis frío, e recomendar -asépticamente-, algo admirable ?
Hai que reflexionar...
Xa vos contarei. !
Inoxidable
Non hai moito tempo, na comunidade acordamos cambiar o primitivo -1973 - portal de aluminio.
Os oito propietarios dos dez pisos decidimos -ea !- axeitar a entrada do edificio ós tempos modernos.
A carpintería metálica non aforrou cualificativos na descrición do produto :
“ Marco , porta e tiradores en aceiro inoxidable ; material resistente e de duración ilimatada, freno hidraúlico regulable..etc..”
“Vidro blindado, 5+5, resistente ós actos vandálicos...”.....
E acertamos !.....
É unha ledicia escoitar, de cotío, os golpes rotundos da porta no batente (marco ) , cada pouco
Buumm!. Plass !!.Pumm !. Plass !
Soa tan ben !......
( home, de primeiras, eu baixaba a brincos, por se había deterioro, rotura ou malferidos...pero nada !
Falei co presidente da comunidade, falei coa inmobiliaria que nos leva a cousa, e sempre coincidiron na diagnose :
Se golpea , se da tumbos, é que funciona .)
(- senón, mira de regularlle o freno hidráulico ; o golpe é máis suave -)
Naturalmente, negueime !
( Eu fun por letras. Non teño nin idea de física ! )....
E, o cabo, se o pensas ben, é unha xoia vivir nun edificio similar ao hotel Palace.
Tan concurrido.
Ser somos poucos, pero parecemos tantos !
A xente sube, baixa. Entra, sae , entra, sae, entra ,sae...
e o portal , veña : Bumm!, Plas !!!, Pumm!!!!
Hoxe , - luns 10- , disfrutando dese fermoso concerto inoxidable -un golpe cada minuto ?-
reflexionei e botei contas : Somos 17 homínidos e un cánido (17 +1 ).
(Hai dous pisos valeiros )....
Cantas veces temos que saír a procurar o que esquecemos ?
Cantas veces debemos saír co can ?
Cantos amigos, colegas, curiosos engadidos - temos -, que nos visitan a cotío ?
Cantas obrigas nos nubran a mente ?
......
Lembreime daquela rapaza que coincidíu conmigo na saída .
( calquera madrugada , no outono )
Eu , botándolle a man a porta, deixeina pasar...
“non te preocupes -dixo -
( así, con confianza )
é inoxidable “ !
....
Outubro-2011
Llamazares (II)
....Julio, of course !
É como imaxinábamos.
Saber que viña a Compostela foi voltar ao nerviosismo adolescente, buscando afanosamente o libro das Catedrais para asinar, e anotando – en vermello e rotunda – a hora e data da súa charla.
( Rúa do Vilar nº 7 - Fundación Torrente Ballester -: 20,00h. Xuño 2011 )
Sorpresa agradable : Couceiro -fillo- , monta un tenderete cos ourives literarios do autor.
Un pérdese entre Cuaderno del Duero , Luna de Lobos , El cielo de Madrid...
e decídese por El río del olvido. Alfaguara.2ª ed. Madrid.2006
.....
Cando chegou, estaba todo ateigado de xente.
...
( algún día falareivos do xentío de hoxe: que vai ás conferencias, charlas, coloquios e similar a mostrar canto saben...de cousas que non veñen ó caso !)
.....
Julio Llamazares, curtido nestas lides, falou, templou , sementou, cunha paciencia infinita – que non se lle notaba ! -
.....
Curioso (pensei ): a xente máis culta, lida, educada, preparada,
é -sempre -, a máis responsable.
...
En fin, houbo emoción, miña -claro -
( qué dedicatoria !)
.....
E logo, de corrido, qué pracer ler o seu libro !
....
Pensade : Un rapaz de 26 anos -naceu o 28 de marzo de 1955 -, colle a súa mochila , e ponse a percorrer o Curueño -río da súa infancia -.
Falamos do mes de agosto de 1981 !
....
E, trinta anos despois , disfrutamos -gozosos- das peripecias do autor.
Cómplice co lector , o protagonista camiña, come, durme, fuma, escoita, platica, retoza...e fálanos, e cóntanos o que observa, cunha destreza e melancolía, impropias deses tempos e desas idades!
Grande Llamazares !
As descripcións físicas do territorio, a prolixidade do día a día; eses abondosos nomes de pobos , aldeas...que rezuman cariño,saudade... ou o relato lene do acontecer diario..son xoias literarias, que teñen un mérito inmenso – pensade, hoxe, no talento literario dalguén que transmite, por escrito a agonía dun mundo que/xa daquela / desaparecía..,
Ausencia
Nesas coincidencias causales, que tanto - e ben – conforman o noso devir vital, o meu mellor amigo fíxome chegar , sen avisar coma sempre, o último libro de Vicente Verdú :
La Ausencia. Ed. La Esfera de los Libros. Madrid. Mayo. 2011
E acertou, claro.
Deixando aparte a súa devoción por Verdú, que ven de vello, Miguel ten un raro instinto literario ( alomenos para agasallar ós amigos axeitadamente no momento oportuno – sen el sabelo , pois improvisa sempre - )
...
Qué menos que agradecerlle, publicamente, o seu padal exclusivo (por esixente ) e clarividente ( por actual )
......
O título completo do libro é : La ausencia (el sentir melancólico en un mundo de pérdidas ) e xa nos da unha pista por onde vai a reflexión.
Co estilo que o caracteriza: frases curtas, uso abondoso dos signos ortográficos , e unha redacción sorprendente , paradoxal e contradictoria, o autor ceiba centos de afirmacións e ideas que poden chocarnos ou extrañarnos..pero que, retomadas , avaliadas, valoramos e mesmo compartimos.
.....
Non me resisto a poñer unha pequena escolma – xa sabedes a miña teima para recomendar : destripar ou cualificar?- pois paga a pena !
......
“Frente al colmo que termina en la obviedad de sí , el vacío se abre a millones de secuencias por rodar.
Mientras el trueno se traduce limitadamente en la jactancia de su estruendo , el silencio significa un ámbito donde cualquier música florece.”
....
“El vacío es el principal lujo del arte.”
.....
“Toda ausencia ilumina el vacío que genera.”
......
“La ausencia es (...) más impresionante que la presencia. Posee más capacidad de impresión, puesto que la presencia es un bulto, mientras que su desaparición genera una huella.Todo lo que no está ,después de haber estado , levanta una voz inagotable...”
....
“ El viejo desea envejecer a solas con su vergüenza física y mental mientras afuera la escena bulle.”
....
“Sin embargo , entre los pocos y relativos dones que procura la edad uno consiste en un nuevo interés por los otros (...) que conduce a un raro consuelo de la ausencia .
Sin este don que ayuda a poner atención sobre los problemas del prójimo , se pierde la larga experiencia de historias y visiones del mundo que, en conjunto , componen un programa soportable para la tercera edad. (...) . Se obtiene un placer sabroso y fácil a partir de la felicidad del otro, sea un nieto , sea un hijo , y se alcanza un confort de segundo orden que, en las postrimerías, brindamos a los demás.”.
.....
E así seguiría, pois todo o libro é un subraiado continuo , - para debater, refutar, aprobar -
....
A grandeza da lectura !
http://www.elboomeran.com/blog/11/vicente-verdu/
Cohen
Nada hai máis reconfortante que a mirada da avoa , de repente expectante e brillante, cando escoitou Montreal.
......
Eu levei o xornal, como case tódolos sábados, e tomando café, comencei esa especie de xogo inmemorial, que consiste en ler os titulares máis chamativos , que ela continúa
( porque xa sabe da cousa , antes de que apareza , escrita 24 horas máis tarde ! ).
.....
Devoto como son , deste premio Príncipe de Asturias das Letras lin , fachendoso :
“Leonard Cohen, poeta, novelista e músico, naceu o 21 de setembro de 1934 en Montreal...”
.....
Foi entón cando ela , suspirando, dixo :
“ Mont – Real , Canadá...
a ver, trae o globo do mundo... quero ir, novamente...”
......
É máxico ver a unha muller , nacida no 1929 , con esa vitalidade, curiosidade e intelixencia....
non podemos defraudala !
......
Así que, o vindeiro sábado, vou romper unha norma - autoimposta desde que teño coche -: ( Conducindo, non é posible escoitar a trascendencia nin a profundidade.)
E
como nalgunhas outras -excepcionais - ocasións, desta vez, levarei conmigo un par de Cd,s – Live in London, impagable directo de Cohen con 75 anos – para que dona María poida escoitar unha voz cercana, grave, susurrante, acompañada duns acordes míticos e intemporais...
Lover, lover
I,m your man
Suzanne
The partisan....
.....namentras ela, atenta ,educada, curiosa, entregada ,
preguntarame ,
( seguro ! )
“e porqué lle dan un premio literario, se él é músico ??.
http://www.elpais.com/articulo/cultura/Todo/empezo/tierra/elpepucul/20111022elpe
Outubro, sábado 22, 2011
Simón
Simón é unha variante do hebreo bíblico Shime,ôn.
Houbo dous apóstolos con ese nome : Simón Pedro e Simón Zelota, amigo e compañeiro de Xudas Tadeo
( curiosas as duplas apostólicas , non ? : Simón e Xudas, Santiago e Xoan, Felipe e Bertomeu , Pedro e Andrés, Tomás e Mateo... )
Cando non aparece con Tadeo, San Simón é representado cunha serra - instrumento do martirio - e cun libro
- símbolo apostólico -
En Galicia tense por avogoso do raio, faísca e treboada...
Na nosa fértil tradición oral, aparece abondoso :
“ Polo san Simón, áncoras e fondón”
....
“Polo san Simón, tapa o portelo da sazón;
o da restreba, non “
.....
“Polo san Simón proba o viño,
e o porco polo San Martiño “.
........
“Polo san Simón apreta o baldón “
...
“A verdura en san Simón,
da pró amo e pra o ladrón”
....
“Por san Simón ,
morre a mosca e o moscón”
“¡San Simón, san Simón !.
Se me apañas unha mosca,
douche un millón.
-Mirarei, mirariei,
que no forno
aínda ha de haber..”
.......
Síntome afortunado, hoxe 28 de outubro, adicándolle esta páxina ó meu afillado Simón.
Apertas virtuais.!
Fonte: Diccionario dos nomes galegos. Xesús Ferro Ruibal e outros. Ir Indo Edicións.1992




